Mos
O parque de Torroso celebra o seu primeiro botellón antes de ser inaugurado
![[Img #42711]](upload/img/periodico/img_42711.jpg)
Con restos de lixo, vasos, latas de cervexa e licores de alta gradación así amenceu hoxe o parque biosaludable de Torroso tras unha noite de botellón celebrada antes da súa inauguración.
A pesar de que aínda está en obras, e hai evidente risco para as persoas, a entrada á zona de obras atópase totalmente accesible así como parte do perímetro que non se atopa valado no momento da intrusión, algo que sen dúbida facilitou notablemente o acceso a un grupo de mozos que celebrou o "fin de curso" con sonoro un "botellón".
O problema da facilidade de acceso as obras xa foi posta en coñecemento da Comunidade de Montes, os veciños amosan a súa preocupación polo feito de que alguén poidera mancarse no recinto. Tamén se amosan moi preocupados porque este parque se convirta nun lugar de reunión elexido por menores e mocidade para celebrar "botellóns".
A obra que está a construír a Comunidade de Montes de Torroso atópase xa moi avanzada e a súa apertura oficial será en breve, na actualidade están a instalarse elementos biosaludables subministrados por unha empresa catalá.
A senda e o parque teñen un orzamento que supera os 255.000 euros que serán abonados íntegramente con cartos dá Comunidade e Montes de Torroso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126