Provincia
Atasco monumental na autovía A-55 por varios accidentes
Tres accidentes interrompen a circulación na A-55 entre os concellos de Mos e O Porriño
A circulación viuse interrompida na A-55 entre os concellos de Mos e O Porriño a causa de tres accidentes nos que resultaron feridas dúas persoas. Tres turismos se saíron da vía, algún deles quedou totalmente atravesado, o que está a dificultar o tránsito de vehículos entre os quilómetros nove e doce, segundo confirmou a Garda Civil de Tráfico ó CAE 112 Galicia.
Posiblemente, un accidente previo, no mesmo tramo da A-55 ás 7:30 horas desta mañá, no que se viu implicado un tráiler e que provocou un derrame de gasóleo na calzada, puido ter que ver nos accidentes que se produciron posteriormente. Tras recibir a alerta, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño, que se encargaron da limpeza da vía.
Aínda así, nos minutos sucesivos, concretamente entre as 7:30 e as 8:00 horas de hoxe, ata tres turismos se saíron da vía e dúas persoas tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia. En cambio, o condutor do camión e do outro turismo sinistrado resultaron ilesos. Á parte dos membros do parque comarcal, dende o 112 Galicia se informou á Garda Civil de Tráfico

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208