Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 19 de mayo de 2016
Provincia

O GDR 14 completa o primeiro paso cara á candidatura definitiva

Guardar en Mis Noticias.

Os alcaldes e alcaldesas do territorio presentaron o primeiro documento xerado no proceso participativo: o diagnóstico socioeconómico e análise DAFO

[Img #25023]

 

O Concello de Mos acolleu esta mañán o acto de presentación do documento resultado da primeira fase do proceso participativo no que o GDR 14 está inmerso: o diagnóstico socioeconómico e análise DAFO. 

 

O grupo de desenvolvemento rural AGDR 14 MAIV-Baixo Miño, formado polos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tui e Tomiño

 

Os alcaldes e alcaldesas dos concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural 14 foron os encargados de presentar o documento, froito do esforzo e traballo de multitude de persoas do territorio que aportaron as súas ideas, propostas e visión nesta primeira fase do proceso.

 

A presentación definitiva deste primeiro texto pon fin á primeira das 3 fases que o GDR percorrerá ate acadar o texto final da estratexia local participativa para o Programa Leader Galicia 2014-2020.

 

Trece concellos do Sur de Pontevedra veríanse beneficiados con varios millóns de euros do programa europeo Leader

 

Mediante un acto simbólico e a proxección dun video os rexidores presentaron o proceso presencial e telemático que se seguiu nas últimas semanas para a elaboración deste texto, e agradeceron a todas as persoas que participaron o seu traballo e compromiso co futuro do noso territorio.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anfitriona do acto, foi a encargada de poñer a “luz verde” a esta primeira fase, e recalcou o agradecemento ás persoas que traballaron no proceso e o compromiso que o Concello de Mos ten co programa e co GDR 14.

 

Pola súa banda, a Presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural, Sandra Gonzalez, resaltou a boa marcha do proceso participativo e a importancia de acadar unha boa estratexia de desenvolvemento local que permita acceder ao Programa LEADER Galicia na mellor das posicións no novo periodo, como aposta e visión de futuro para o noso territorio.

 

 

 

Nas vindeiras semanas dará comezo a segunda fase do proceso participativo, na que se desenvolverán as liñas estratéxicas e o plan de acción do grupo en base ao desprendido da diagnose e o análise DAFO.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados