Sábado, 26 de mayo de 2012
PONTEAREAS

O Concello buscar convertir o Centro Asprodico, nun centro de referencia para as comarcas limítrofes

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Servizos Sociais, remitirá á Consellería de Traballo e Benestar unha proposta de funcionamento para o Centro Asprodico, de cara a garantir a prestación deste servizo e diminuír o seu custe para o Concello.

A conselleira de Benestar, Beatriz Mato, tivo ocasión de visitar as instalacións de Asprodico na última visita realizada a Ponteareas, onde puido conversar cos usuarios e usuarias de dito centro e comprobar a importante labor que desenvolve o Concello a prol da súa integración tanto social como laboral.

O alcalde, Salvador González Solla e a concelleira Marisol Valado, explicáronlle á Conselleira que o centro atende a usuarios non so de Ponteareas, senón de todos os municipios dos arredores e os custes do seu funcionamento, son asumidos na súa integridade polo Concello ponteareán.

Nestes momentos, o Centro Asprodico acolle as clases do curso de Alfabetización para Adultos, cun total de 25 alumnos; o Obradoiro Ocupacional, con 12 usuarios e o Servizo de Atención Temperá, cun total de 55 alumnos.

A titular de Benestar do Goberno Galego comprometeuse a estudar a proposta que remitirá o Concello de Ponteareas, na que o Centro Asprodico pasaría a ser o centro de referencia das comarcas do Condado e A Paradanta, para estudar tanto as posibles vías de financiamento, coma a posible sinatura dun convenio de colaboración.

Salvador González Solla, explicou que a Conselleira, “amosou o seu interese por estudar todas as vías posibles que permitan que o servizo siga a realizar o importante labor social que desenvolve”.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados