Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 24 de agosto de 2016
Comunicación

Xornal21 imprime o seu número 100

Guardar en Mis Noticias.

O gratuito regalou neste tempo máis dun millón de exemplares

[Img #26975]

 

A quen non lle gusta o número 100? Unha cifra case máxica que implica necesariamente que seguimos crecendo. Nestes case dez anos de traballo repartimos gratuitamente máis dun millón de xornais  entre os veciños do sur da provincia de Pontevedra.

 

Hoxe, mércores 24 de agosto  ás 00.30, unha rotativa con capacidade para imprimir 30.000 xornais á hora, fixo posible que saise a luz o número 100 da versión impresa de Xornal21

 

[Img #26982]

Mes tras mes fomos crecendo e afianzándonos grazas á gran acollida popular e ao apoio de todos aqueles anunciantes que apostaron polo noso medio de comunicación para chegar aos seus clientes.

 

 

Nesta edición e nunha próxima, que estamos a preparar, faremos un percorrido progresivo por todas as nosas portadas, ademais poderán ver quen está detrás do noso xornal, todo un recoñecemento aos nosos lectores,  anunciantes, as distintas institucións que nos apoiaron e todos os que nalgún momento tiveron nas súas mans un exemplar de Xornal21.

 

Desde estas liñas queremos mostrarlles a todos noso máis profundo agradecemento as traballadores e traballadores que fan posible que este medio continúe adiante coma referente informativo para moitos.

 

[Img #26972]

 

 

[Img #26973]

 

[Img #26975]

 

[Img #26976]

 

[Img #26978]

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias relacionadas
Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados