Presenta unha moción para tratar no próximo pleno
O Portavoz do Grupo Municipal do BNG en Mos,Miguel Anxo Aldea Moscoso, afirma que “na situación actual de grave crise económica, cunhas consecuencias que están a repercutir en toda a poboación, que sofre recortes laborais, sociais e económicos, e que debe cumprir coas súas obrigas tributarias, resulta incomprensíbel -tendo en conta ademais a delicada situación financeira no ámbito local- que a Igrexa Católica teña o privilexio de non tributar aos concellos polo seu enorme patrimonio, ao tempo que percibe financiamento directo e subvencións para a conservación e mantemento dos seus fondos patrimoniais”.
Para Aldea Moscoso “nos acordos subscritos entre o Estado español e a Santa Sede en 1976 e 1979, a Igrexa Católica conserva varios privilexios, impropios dun Estado que se declara aconfesional. Parte destes privilexios son de carácter económico, o que supón que a Igrexa Católica goce dun financiamento e condicións económicas excepcionais. Así, obtén financiamento directo mediante o IRPF e está exenta do pago de varios impostos. Entre eles, goza dunha exención no pagamento do IBI por todos os bens inmóbeis que posúe, tal e como contempla a letra c) do primeiro punto do artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, unha exención que se estende tamén a outras asociacións confesionais non católicas”.
O Portavoz do Grupo Municipal do BNG engade que “na situación actual de grave crise económica, cunhas consecuencias que están a repercutir en toda a poboación, que sofre recortes laborais, sociais e económicos, e que debe cumprir coas súas obrigas tributarias, resulta incomprensíbel -tendo en conta ademais a delicada situación financeira no ámbito local- que a Igrexa Católica teña o privilexio de non tributar aos concellos polo seu enorme patrimonio, ao tempo que percibe financiamento directo e subvencións para a conservación e mantemento dos seus fondos patrimoniais. Nun informe de 2010, a Dirección Xeral do Catastro daba cifras do patrimonio estritamente relixioso da Igrexa católica en Galiza: 7.691 inmóbeis e un valor catastral de 426 millóns, cantidade que non repercute nos orzamentos municipais”.
Por iso, o grupo municipal do BNG de Mos, presenta a moción “para ser aprobada no próximo pleno, instando ao goberno español a revisar e modificar os acordos asinados coa santa sede, e mentras tanto,que o Estado e a Xunta de Galiza negocien coa Igrexa Católica unha compensación aos concello afectados por esta exección”.