Jueves, 14 de junio de 2012
porriño

O Grupo Municipal Socialista do Porriño pide ó Concello que solicite as axudas de soterramento de liñas de alta tensión

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista do Porriño, Iván Vaqueiro e Eva García de la Torre, informaron hoxe que o seu grupo solictará que o Concello presente un proxecto á liña de subvencións aprobada pola Xunta de Galicia para o soterramento de liñas de Alta Tensión no termo municipal do Porriño.

Así o manifestou esta mañá o grupo socialista, que lembrou a Santos que “a súa xestión foi responsable da perda de 5 millóns de euros de inversión no soterramento das liñas de alta tensión do Polígono de As Gándaras e da área residencial de Torneiros e que non podemos seguir deixando pasar estas axudas para mellorar as infraestructuras eléctricas do municipio ó tempo que se elimina a perigosidade que estas liñas teñen en canto á súa cercanía cos veciños de Torneiros”.

Os concelleiros socialistas lembran ó actual alcalde que a súa chegada ó goberno “supoxo primeiro a parálise do convenio asinado entre o Concello, a Xunta e Fenosa por valor de 5 millóns de euros e logo, a caducidade do mesmo, perdéndose esta importante inversión municipal”.

O PSdeG-PSOE pide agora que “non se deixe pasar esta liña de subvencións e que o Concello faga os deberes, afirmando que os veciños de Torneiros merecen esta inversión, así como o tecido productivo dos polígonos empresariais”.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados