A unha e cuarto do mediodía de onte,
os Bombeiros de Ponteareas acudían a unha chamada do Servizo de
Emerxencias 112, que daba conta dun accidente de circulación no
quilómetro 633 da N-120, á altura de Paraños (O Covelo) e que
facía precisa a excarceración dunha persoa.
Chegados ao lugar do accidente, os bombeiros ponteareáns comprobaron que se trataba dun vehículo Seat Altea de color vermello que dera varias voltas de campá antes de deterse no arcén, non sendo finalmente precisa a súa intervención para a excarceración xa que o condutor atopábase fora do vehículo.
O accidentado, veciño de Mondariz e que circulaba en dirección a Ourense, presentaba fortes cortes na cabeza e traumatismos diversos e foi trasladado en ambulancia a un hospital de Vigo.