Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 2 de febrero de 2017
GALICIA

O Álvaro Cunqueiro disporá dun novo quirófano híbrido que permitirán facer operacións de gran complexidade

Guardar en Mis Noticias.

Estarán dotados dun sistema de imaxe que outorga maior precisión intraoperativa permitindo a comprobación in situ do resultado do procedemento cirúrxico; e unha maior seguridade con imaxes 3D.

[Img #30236]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou  na rolda de prensa do Consello a adxudicación, por un importe total de preto de 2,3 millóns de euros, de dous quirófanos híbridos que permitirán facer operacións de gran complexidade coa tecnoloxía máis avanzada e de xeito menos invasivo e máis seguro.

 

Durante a súa intervención, Feijóo explicou que a instalación destes dous quirófanos, un no Hospital público Álvaro Cunqueiro de Vigo e outro Hospital público Universitario da Coruña, implica incorporar un equipamento que combina unha sala de operacións dotada cos dispositivos máis avanzados de imaxe radiolóxica, con capacidade para levar a cabo procedementos intravasculares, cada vez máis empregados en distintas especialidade.

 

Os dous quirófanos estarán instalados entre maio e xuño en ambos os dous hospitais.

 

Entre as características técnicas máis relevantes, o titular do Executivo galego destacou entre outros: un robotizado monoplano con brazo articulado, pantalla plana panorámica multimodalidade e mesa cirúrxica de gama alta con funcionamento totalmente integrado e sincronizado co equipo. E tamén inclúe novas ferramentas de imaxe como a adquisición de imaxe TAC no propio equipo, fusión da imaxe en tempo real con outras modalidades diagnosticas previas (TAC, RM, PET-CT),  ferramentas avanzadas para  a súa aplicación en cirurxía cardíaca minimamente invasiva, ferramentas avanzadas para a automatizacion de procesos de cirurxía vascular, ferramentas avanzadas para a automatización de procesos de Neurocirurxía, guiado experto para a adquisición de imaxe 3D e ferramentas específicas para o marcado de lesións.

 

“Estamos a falar, polo tanto, dun maior beneficio para o paciente e para o profesional sanitario”, aseverou o presidente, facendo fincapé en que esta infraestrutura outorga maior precisión intraoperativa permitindo a comprobación in situ do resultado do procedemento cirúrxico, así como unha maior seguridade ao permitir a adquisición de imaxes 3D, cunha redución das doses de radiación.

 

O equipo que se instalará dentro do bloque cirúrxico do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo será compartido polas especialidades de cirurxía vascular e cirurxía cardíaca. E o novo bloque cirúrxico do Complexo Hospitalaria da Coruña será compartido polas especialidades de cirurxía vascular, cirurxía cardíaca e neurocirurxía.

 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados