Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 22 de febrero de 2017
GALICIA

Eduardo Camiña recibe o Premio Mágnum ao mellor sumiller de Galicia e Cristino Álvarez o Mágnum Honorífico

Guardar en Mis Noticias.

Os Premios Mágnum que concede o Instituto Galego do Viño teñen por obxectivo fomentar a excelencia no sector vitivinícola e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños e profesionais de máximo prestixio.

[Img #30621]

 

Cristino Álvarez recolleu esta semana de mans do director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, o Premio Mágnum Honorífico 2017 ‘Vinolvidable’ polo seu traballo a prol do viño galego nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia e que contou coa presenza da Directora Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo; da Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, Marta Lois González e de preto de 200 profesionais do mundo do viño.

 

Como novidade, nesta edición dos Premios Mágnum incorporouse un novo galardón: o Mágnum á Mellor Iniciativa de Enoturismo, que vén a recoñecer o mérito das mellores propostas encamiñadas a desenrolar o enorme potencial do enoturismo en Galicia. A maiores, este ano o número de nomeados en cada categoría tamén se modificou, pasando de catro a cinco, para dar cabida á gran cantidade de proxectos de calidade que están a xurdir no sector.

 

O xurado destes galardóns, que xa alcanzan a súa sétima edición, nomeou a Eduardo Camiña como o Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego, destacando que «poucas persoas atesouran tanta xuventude e tanto talento».

 

A distinción de Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños) foi para Adegas Guímaro, bodega con historia e percorrido sendo durante moitos anos un referente mundial.

 

Pola súa banda, Caíño Finca Genoveva 2014, de Forjas del Salnés, conseguiu o Premio Mágnum ao mellor Viño Galego. O xurado apuntou que se trata «dun clássico de referencia cheo de frescura e lonxevidade»

 

Finca Lobeiras 2014, de Sílice Viticultores, foi nomeado Mellor Viño Revelación Galego, destacando que se trata «dun proxecto de finca dunha das adegas que están dando máis que falar na zona».

 

De entre os nominados ao Mágnum á mellor iniciativa de Enoturismo, Casal de Armán resultou o seleccionado, «pola súa proposta turística de calidade, que mellora ano a ano».

 

O Premio Mágnum á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego recaeu en A Emoción dos Viños!. «Este recoñecemento ven a valorar a defensa de productores orixinais de calidade e dalos a coñecer ao gran público».

 

Todos eles recibiron unha escultura realizada por Alejandra Sampedro, que consiste nunha revisión da botella mágnum á que incorpora as crebas que arrastra o mar en torno ao faro Silleiro e que outorgan exclusividade a cada peza.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados