Jueves, 21 de junio de 2012
FESTAS DA ROSA MOS

Palillada e coches clásicos para rematar a Rosa

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

O sábado celebraranse a V Xuntanza de Palilleiras e a II Concentración de Coches Clásicos de Mos

[Img #4135]Esta fin de semana rematan as actividades incluídas na Festa da Rosa deste ano coa II Concentración de Coches Clásicos de Mos o sábado pola mañá e a V Xuntanza de Palilleiras, pola tarde.


A Asociación Cultural San Martín de Tameiga organiza a Concentración de Coches Clásicos e a Xuntanza de Palilleiras que se celebrarán o vindeiro sábado, 23 de xuño, en Costoias poñendo o broche final á Festa da Rosa 2012.


A II Concentración de Coches Clásicos dará comenzo ás 10.00 horas da mañá cunha ruta por todo o municipio de Mos pasando polo Pazo dos Marqueses, Sanguiñeda, o mirador de Herville, etc. Tras a ruta terá lugar un xantar no parque de Costoias que require inscrición previa cun pago de 20 euros por persoa.


Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, empezará tamén en Costoias a V Xuntanza de Palilleiras que contará coa exposición dos traballos das palilleiras de Mos e coa actuación, ás 19.30 horas, do grupo Xógara de Sanguiñeda.


A novidade da Xuntanza de Palilleiras deste ano é que nela participará a Mostra de Encaixe de Camariñas, gracias á visita realizada á mesma a pasada Semana Santa pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, unha representante das palilleiras de Mos, Montserrat Pereira Troitiño e Pastora González Rodríguez, profesora de Encaixe de Bolillos das asociacións de Mos. Esta será a primeira ocasión na que a Mostra de Camariñas participe na Xuntanza de Mos.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados