Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 27 de febrero de 2017
Galicia

A Xunta propón un convenio para ordear o contorno urbano das estacións de Pontevedra

O Executivo autonómico propón financiar tres cuartas partes das obras, que teñen orzamento total estimado de 4 millóns de euros

[Img #30799]

 

O Goberno galego propúxolle hoxe ao Concello de Pontevedra un convenio de colaboración para que o proxecto en marcha de reforma da estación de autobuses e fomento da intermodalidade inclúa a reordenación do entorno urbano das estacións. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantiveron hoxe un novo encontro co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, para abordar os termos desa actuación.

 

 

[Img #30804]

Nesa xuntanza, os representantes da Xunta lle trasladaron ao Concello unha proposta de acordo para o impulso e desenvolvemento da intermodalidade na cidade, mediante un convenio marco no que o Concello cofinanciará as actuacións que son competencia municipal, fundamentalmente o referido aos accesos.

 

[Img #30800]O vicepresidente da Xunta explicou que o Goberno galego incorporou á súa proposta de actuación as cuestións solicitadas polo Concello de Pontevedra a finais do pasado ano, no tocante á reordenación de espazos urbanos e á execución dun novo acceso á estación de autobuses a través  da avenida de Josefina Arruti.

 

Ese novo acceso, que inclúe un paso sobre o río Gafos, foi incorporada aos documentos técnicos cos que traballa o Goberno galego, logo de analizar desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda a viabilidade da proposta desde o punto de vista do tráfico.

 

[Img #30801]Os técnicos autonómicos veñen de acadar unha solución que pasa por unha intersección regulada por semáforos para autobuses; un carril bus no sentido entrada á cidade; e carril de espera para os xiros á esquerda en sentido saída, así mesmo, executarase un paso superior entre a estación de autobuses e dita rúa, co fin de salvar o desnivel existente, evitando a afección ao río Gafos e ao itinerario peonil que discorre parello á rúa.

 

Ademais, tamén será necesario habilitar nesta infraestrutura para o transporte outra intersección regulada mediante semáforos para priorizar o acceso de autobuses á terminal.

 

Segundo explicou Alfonso Rueda, unha vez analizadas e aceptadas as propostas municipais, a Xunta traslada unha proposta de convenio segundo a cal o Executivo autonómico financiaría tres cuartas partes das obras, que teñen un orzamento estimado de 4 millóns de euros.

 

A Xunta encargaríase das obras vinculadas á mellora da terminal de autobuses, como a remodelación da fachada, reparación da cuberta, renovación de espazos interiores, entre outros. Esta parte levaría a maior parte do orzamento global do proxecto, xa que o seu presuposto ascende a dous millóns de euros. Ademais, tamén se encargaría da conexión entre ambas as terminais.

 

Para acadar o obxectivo da intermodalidade, é dicir, facilitar un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte, a Xunta presentoulle hoxe ao Concello como proposta a execución dun camiño cuberto de preto de 100 metros de lonxitude, a modo de pérgola, se ben o vicepresidente expresou a disposición a estudar outras alternativas.

 

O Goberno galego solicita a participación do Concello de Pontevedra no financiamento das actuacións de ordenación urbana, como acontece no resto das estacións intermodais, nas que as administracións locais asumen a responsabilidade dos accesos por ser actuacións urbanas.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados