Máis de 1.600 persoas presentaron a súa solicitude para estas 80 novas prazas
A vindeira semana dará comezo o
proceso selectivo das novas prazas da Policía Autonómica para a
comunidade galega, segundo explicou hoxe no Parlamento o director
xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, quen indicou
que un total de 461 solicitantes das prazas vacantes da Policía
Autonómica serán entrevistados en Madrid pola comisión de
selección de persoal do Corpo Nacional da Policía.
Ademais, segundo sinalou o director xeral, durante a primeira semana de xullo a comisión de selección constituirase en Santiago, para entrevistar a outros 251 solicitantes destas prazas, que xa teñen destino definitivo ou provisional en Galicia, pero que queren ratificar a súa pertenza á Policía Autonómica galega, ou policías nacionais que queren pasar a formar parte do cadro de persoal da Policía Autonómica.
Villanueva destacou o gran interese amosado por esta convocatoria de novas prazas entre os funcionarios do Corpo Nacional de Policía, o que supón a reafirmación da Policía Autonómica galega como un destino prioritario para a funcionarios deste Corpo, xa que non somentes foi solicitadas por galegos que están fora da súa terra, senón tamén por outros que, xa estando en Galicia, optan por este destino como futuro da súa vida laboral, xa que máis de 1.600 persoas presentaron a súa solicitude para estas prazas.
Todo elo, segundo relatou o director xeral, responde e confirma a mellora da imaxe e da operatividade e competencias funcionais que a unidade de policía ven desenvolvendo nos últimos anos e que pemiteu reforzar os seus resultados nos ámbitos das súas competencias, especialmente en eidos tan sensibles como furtivismo e marisqueo, medio ambiente e incendios forestais, como piares básicos das súas actuacións, sen olvidar o resto de competencias que teñen atribuídas e que, a partir do momento, de incorporación dos novos efectivos, poderán profundizar nas mesmas e acadar aínda mellores resultados.
O proceso de completar o cadro de persoal da Policía Autonómica foi enfocado desde o primeiro momento pola Xunta e polo actual Goberno central como algo prioritario para a nosa comunidade, tratándose de axilizar ao máximo. Villanueva avanzou que séguese a traballar cóbado con cóbado co Ministerio para poder completar o cadro total de persoal da Policía Autonómica ata chegar aos 500 efectivos.
1