Costa
Rica é un paraíso situado en América Central. O país non só é
famoso polo seu café e a súa natureza, con extensas praias, selvas
virxes e parques nacionais. Costa Rica é moito máis. A súa
democracia é das máis antigas do mundo, sendo un país pioneiro en
abolir o exército e en establecer unha educación obrigatoria e
gratuita. Visitamos Costa Rica da man de Carlos Grangel, un
pontevedrés que chegou a Costa Rica por cuestións laborais xunto
coa súa muller Ana Belén e a súa filla de cinco anos. Con Carlos
faremos unha excursión única e iremos a dar de comer ós
cocodrilos. A vida deste pontevedrés en Costa Rica, o mércores 27
ás 22.30, en Galegos no mundo, na Televisión de Galicia.
Formarán individualmente ás empresas no seu manexo para mellorar a súa competitividade