Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 24 de marzo de 2017
BAIONA

Ethel Vázquez salienta o reto técnico que supuxo a reforma do carril bici entre Vigo, Baiona e A Guarda

Destaca que as obras exectuadas nas estradas PO-552 e PO-325 tiveron en conta as achegas dos alcaldes e da Federación Galega de Ciclismo, co aval da Dirección Xeral de Tráfico.

[Img #31453]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe en Baiona o “gran reto técnico” que supuxo a reforma do carril bici entre Vigo, Baiona e A Guarda para “facer compatible, dun xeito seguro, o uso da vía por parte dos distintos usuarios que a transitan: vehículos, peóns e ciclistas, diferenciando, ademais os ciclistas turísticos dos deportivos”.

 

Ethel Vázquez supervisou hoxe en Baoina o remate destas actuacións de mellora da seguridade viaria no carril bici nas estradas PO-552 e PO-325, nas que o Goberno galego investiu 750.000 euros.

 

A conselleira, que estivo acompañada dos alcaldes de Baiona, Ángel Rodal, de Oia, Cristina Correa, e do Rosal, Jesús María Fernandez, salientou que as obras executadas recolleron as achegas formuladas polos concellos e a Federación Galega de Ciclismo, e foron avaladas pola Dirección Xeral de Tráfico. O obxectivo das obras, dixo, era “reforzar a protección dos usuarios máis vulnerables: os peóns e os ciclistas”.

 

 

 

 

Remodeláronse os 29 quilómetros do carril bici, ampliando as beiravías para incrementar a seguridade dos ciclistas deportivos e habilitando unha senda mixta, con diferente cor, para o uso compartido de peóns e ciclistas turísticos que non superen os 10 km/h

 

 

 


 
Nesta actuación levouse a cabo a remodelación dos 29 quilómetros do carril bici da PO-552, co fin de adecualo mellor aos seus distintos usuarios, para elo ampliáronse as beiravías, no lado do mar, facéndoas máis anchas para maior seguridade dos ciclistas deportivos; reduciuse lixeiramente o carril bici, respectando un ancho mínimo de 2,1 metros, converténdoo nunha senda mixta pola que poidan transitar, sen dificultades, peóns e ciclistas turísticos e tamén se incidiu na diferenciación visual desta senda mixta cun pavimento con cor.


 
Ademais, substituíronse os actuais separadores de formigón por outros de goma rebasables e máis estreitos, o que permite gañar espazo para a beiravía; retiráronse algúns separadores de goma no treito entre Vigo e A Ramallosa, na PO-325, en 12 km, para ampliar o espazo entre eles e mellorar así a manobrabilidade dos ciclistas deportivos.

 

 

 

 

Subsituíronse os antigos separadores de formigón por outros de goma rebasables  e máis estreitos, e espaciáronse os deste último tipo no treito Vigo-A Ramallosa

 

 

 

 

Ademais, incrementouse a sinalización para incidir na prevención de posibles riscos e sensibilizar tanto a condutores, como a peóns e ciclistas, da importancia de cumprir as normas de circulación e respectar aos demais usuarios da vía.
 


Finalmente, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda apelou á “responsabilidade de todos e a necesidade de ser respectuosos coas normas de circulación e de implicarnos na educación e concienciación dos nosos nenos co noso exemplo, por unha cultura da seguridade viaria”.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados