Martes, 26 de junio de 2012
salceda de caselas

O goberno de Salceda de Caselas “indignado” pola visita de Hernández

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es


O Goberno de Salceda de Caselas ven de emitir unha nota dende Gabinete de prensa do Concello na que “quere mostrar a súa indignación ante ao acto que tivo lugar na sede do PP o pasado luns 18 de xuño tras a visita do Conselleiro de Infraestructuras, Territorio e Medio Ambiente Agustín Hernández”.


No comunicado fan unha “chamada de atención ante este tipo de actos partidistas, e lamenta que o Conselleiro non faga públicas as inversión que terán lugar no municipio e nas que traballa o Goberno municipal, na Casa do Concello que é a Casa do Pobo”.


Por último sinalan que “agardamos dende o Goberno municipal que ante a licitación de futuras obras que se irán desenvolvendo como a continuación da senda do río Caselas, a Humanización da Praza da Devesa ou a de maior necesidade, á construcción do novo Centro de Saúde se anuncien no lugar correspondente que é a casa do Concello”.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados