Martes, 26 de junio de 2012
mos

Alumnos da Universidade de Vigo realizarán prácticas no Concello de Mos

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

Gracias a un convenio de colaboración dun ano prorrogable a outro ano máis, asinado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e o reitor, Salustiano Mato

[Img #4195]O Concello de Mos asinou un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para a realización na administración local de prácticas académicas externas por parte dos alumnos universitarios.


O citado convenio de colaboración foi asinado pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. Sobre o convenio a rexedora local declarou que “é interese de ambas entidades facilitar a preparación para o exercicio profesional do estudantado universitario nas diferentes áreas operativas que ten o Concello de Mos para favorecer a súa incorporación futura ó mercado laboral en ditas áreas”.


Mediante este convenio regúlase un progama de prácticas académicas externas entre Concello e Universidade para facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado en áreas operativas relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais dende os estudos universitarios cursados, neste caso na Universidade de Vigo. Deste xeito, tal e como aseguran dende os organismos académico e de administración local, promóvese o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ó mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.


Estas prácticas serán de carácter formativo para os alumnos que as realicen, que contarán ademais cun tutor do Concello de Mos e con outro da Universidade de Vigo que lles prestarán asesoramento durante o mencionado período de prácticas.


O horario das prácticas procurará adaptarse en todos os casos ós horarios lectivos, o proxecto formativo perseguido no caso de cada alumno concretará as prácticas académicas e fixará os obxectivos educativos e as actividades que se desenvolverán; e por último, ó final das prácticas tanto o Concello coma a Universidade de Vigo entregaranlle ós estudantes que realizaron prácticas un certificado acreditativo.


Estas prácticas estarán cubertas polo seguro escolar e, a maiores, a Universidade de Vigo ten subscrito un seguro de responsabilidade civil e outro de accidentes, complementarios a dito seguro escolar.


O convenio de colaboración entre Concello de Mos e Universidade ten unha duración dun ano que se prorrogará automáticamente polo mesmo período de tempo, unha vez cumplido o primeiro ano.


Universidade de Santiago


O Concello de Mos adheriuse ademais como entidade colaboradora ó convenio entre a Federación Galega de Municipios e Provincias, Fegamp, e a Universidade de Santiago de Compostela para a organización de prácticas do alumnado desta última.


Mediante este convenio a Fegamp facilítalles ós alumnos da USC a realización de prácticas en concellos e deputacións que lles permitan completar a formación recibida nas aulas.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados