Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 28 de abril de 2017
PROVINCIA

Deputación e Xunta crearán unha comisión para dar unha resposta consensuada ás emerxencias

Guardar en Mis Noticias.

O pleno do Consorcio Provincial para a prestación do servizo aprobou a conta xeral do ano 2016 que deixou un superávit de máis de medio millón de euros.

[Img #32234]

 

O Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento celebrou esta semana o pleno ordinario correspondente ao mes de abril . No marco da sesión Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia acordaron a creación dunha comisión técnica para dar resposta conxunta e consensuada en materia de emerxencias as necesidades que ten pendentes a provincia.

 

En concreto, presentáronse no pleno dous informes de análise e propostas de xestión no que se propoñen diferentes solucións para arranxar as carencias en canto ao funcionamento das emerxencias na provincia, ben en relación ás zonas de sombra, ó mapa de emerxencias, aos tempos de resposta, etc.  En relación a estes documentos, tanto a Deputación de Pontevedra como a Xunta de Galicia acordaron crear a comisión técnica, que tome como punto de partida os informes aportados pola xerencia do Consorcio, para abordar de xeito consensuado as carencias en materia de loita contra incendios e salvamento que permitirán establecer unha estratexia provincial de atención ás emerxencias.  Amais, esta comisión técnica conxunta tamén vai servir para decidir o futuro dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).

 

A institución provincial e a administración autonómica valoraron positivamente os informes aportados pola Xerencia do Consorcio para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e acordaron traballar o máis rápido posible para avaliar estes documentos. Tamén resolveron, ambas administracións, que as conclusións da Comisión se trasladarán ao grupo de traballo ligado a Protección Civil que se creou tralo acordo adoptado pola Xunta de Galicia e a Fegamp na Mesa para a Cooperación Local.

 

 

 

 

O Consorcio contrata o suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal

 

 

 

 

O pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento aprobou tamén outras cuestións que poñen de manifesto a boa saúde económica da entidade. En concreto, deuse conta do resultado presupostario a 31 de decembro de 2016 de 643.099,13 euros, do estado de remanente de tesourería de 3.562.840,08 euros e dos fondos líquidos de 3.561.587,96 euros. A débeda a 31 de decembro de 2016 situouse en cero euros.

 

Ao respecto do primeiro trimestre deste ano 2017, no pleno tamén se informou sobre o período medio de pago que se sitúa, de media, 5 días antes dos 30 de máximo que estipula a normativa estatal.

 

Finalmente deuse conta do inicio do expediente para a contratación do suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal na prestación do servizo, cuxo importe ascendería a 101.579,50€.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados