Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 19 de mayo de 2017
MOS

A Festa da Rosa incorpora este ano por primeira vez unha carreira nocturna dentro da súa programación deportiva

Terá lugar o sábado 24 de xuño e o prazo de inscrición xa se topa aberto a través da web do Concello de Mos.

Onte celebrouse no Concello de Mos a presentación da I Carreira Popular Nocturna Festa da Rosa, na que estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Kely Monzón, concelleira de Participación Cidadá, Manuel Castro Álvarez, presidente de AEMOS, e David Gil, representante da empresa Xesport Galicia.


O sábado día 24 de xuño de 2017 o Concello de MOS organiza a I Carreira Nocturna da Festa da Rosa, que irá acompañada dunha andaina (polo mesmo percorrido que a carreira) e de probas de menor distancia para as categorías inferiores.


Na carreira principal de 8 km poderán participar todas as persoas que o desexen, sen distinción de sexo ou nacionalidade coa única condición de que naceran no ano 2002 ou anteriores.


A carreira popular terá unha distancia de aproximadamente 8.000 metros (2 voltas ao circuíto grande) nas categorías Senior e Veteranos (tanto masculina como feminina), e tamén para os participantes en categoría Junior (a partir dos 15 anos). Para a andaina, os participantes darán una volta ó circuito grande cunha distancia aproximada de 4 km.


Para o resto de categorías (masculina e feminina) as distancias son as seguintes:


Chupete nados 2013-2014: 100m (recta de meta); Pre benxamín nados 2011-2012: 400m (volta pequena); Benxamín nados 2008-2010: 900m (volta mediana); Alevín nados 2005-2007: 1800m (2 voltas medianas)
Infantil nados 2003-2004: 2700m (3 voltas medianas)


Na andaina poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, e no caso de ser menores, deberano facer acompañados dun adulto acreditado.


As probas terán saída e chegada na explanada do Pavillón Municipal Oscar Pereiro de Mos, e discorrerán polos barrios próximos a esa ubicación para completar dúas voltas ó mesmo percorrido, pasando en tres ocasións (contando co pase da chegada) pola liña de meta.


O tempo máximo para a realización da carreira absoluta será de 1 hora 15 minutos.


A saída da carreira absoluta será́ conxunta (homes e mulleres) comezando ás 21:30 hrs do sábado 24 de Xuño de 2017 desde o Pavillón Municipal Oscar Pereiro de Mos.


A andaina dará comezo ás 21:15 hrs polo mesmo percorrido que a carreira absoluta.


As probas de categorías inferiores empezarán:

  • Chupete_________________ 20:00 hrs
  • Pre benxamín ___________ 20:10 hrs
  • Benxamín_______________20:20 hrs
  • Alevín__________________20:30 hrs
  • Infantil________________20:45 hrs


As inscripcións efectuaranse na páxina do Concello de Mos, www.mos.es,  a través dunha plataforma online. O prazo de inscrición atópase xa aberto e péchase ás 00:00 hrs do día 20 de xuño.


O prezo da inscrición para a carreira absoluta é de 10 euros, para a andaina é de 5 euros, e nas categorías de menores, para os rapaces e rapazas do Concello de Mos é gratuíta; e para os rapaces e rapazas doutros concellos 5 euros.


A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou hoxe a súa gratitude cara a AEMOS, e destacou a importancia de poder colaborar coa Asociación de Empresarios en tódolos ámbitos, incluíndo o deportivo abordado esta mañá. Así mesmo Arévalo felicitou aos edís de Deportes e Participación Cidadá por ter a idea de organizar esta iniciativa que actualmente está tan de moda. A alcaldesa considera que esta vai a ser a primeira de moitas edicións desta carreira á que lle augura un exitoso e prometedor futuro.


Dende AEMOS, o seu presidente, Manuel Castro, agredeceulle á administración local que contaran con eles para participar na carreira, e manifestou a disposición dos empresarios mosenses para colaborar en todo tipo de iniciativas na medida das súas posiblilidades, e sobre todo en eventos coma este organizados con motivo da principal festividade local, a Festa da Rosa.


A concelleira Monzón expresou, pola súa banda, o desexo de que participen na iniciativa todos os nenos e nenas de tódolos colexios de Mos e que, así mesmo, se implique tamén a xuventude mosense.


Con esta carreira dáselle a posibilidade de participar a tódolos colectivos, dende os corredores habituais ata aquelas persoas que non poidan correr e que terán a posibilidade de facer a andaina.


A proba absoluta contará con servizo de avituallamento no kilómetro 4 da carreira e tamén haberá para tódolos participantes servizos de garda roupa e duchas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados