Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 26 de mayo de 2017
MOS

Mos entregará as Medallas ao Mérito do Concello durante as Festas da Rosa

Guardar en Mis Noticias.

Os galardoados serán Susana Alonso, Casa Gallardo e as Comunidades de Montes das parroquias de Mos e Torroso.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, informaron onte de que onte levouse a Comisión Informativa a proposta de concesión de Medallas ao Mérito do Concello de Mos que será aprobada en Pleno o vindeiro luns 29 de maio.

 

Cada dous anos o Concello de Mos entrega as Medallas ao Mérito do Concello. Neste 2017 celebrarase novamente a Gala de Entrega con motivo das Festas da Rosa. Será o domingo 25 de xuño e realizarase conxuntamente co acto de nomeamento de Fillo Predilecto de Mos a José Leirós, ex presidente da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, no auditorio do Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso a partir das 20.30 horas da tarde.


    
A Medalla ao Mérito Empresarial será para Casa Gallardo, o negocio de hostelería máis antigo de Mos, ao Mérito Deportivo para Susana Alonso Carballo, a ciclista mosense campioa de España de BTT Maratón, ao Mérito Social á Comunidade de Montes de Mos e ao Mérito Cultural á Comunidade de Montes de Torroso.


    
As comunidades de montes son colectivos de gran relevancia no Concello de Mos e que fan unha grande labor en favor das súas respectivas parroquias, no caso da de Torroso sobre todo no eido cultural coa construción do Centro Dotacional e o apoio á Escola Municipal de Música e á Banda de Música Xuvenil de Torroso; e no caso da de Mos no eido social.

 

Arévalo, rexedora local mosense, declaraba esta mañá a este respecto que “os galardoados esta vez son moi especiais para min como alcaldesa e considero que para todos os mosenses en xeral o son tamén, polo que considero que serán unhas medallas moi aplaudidas polo pobo de Mos”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados