Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 26 de mayo de 2017
FOTOS DE ARQUIVO

VASO DESBORDADO

Guardar en Mis Noticias.

Os charcos da choiva recente reflexan a luz vaporosa que se proxecta ó través da cristaleira do restaurante. Observa ós seus antigos compañeiros sorrir, beber e comer coa ledicia in crescendo segundo as botellas de viño van desfilando sobre da mesa. Na cabeceira, o xefe non perde detalle co seu perenne medio sorriso nos beizos e as mans pousadas no peito en posición abacial. Aínda soan as panxoliñas pola rúa e as luces de cores ofrecen un ambiente festivo. Frega o xeonllo danado coa man que ten valeira, a mesma que lle dera a puntilla, a dos dedos quebrados, o motivo derradeiro do seu despido tras trinta anos de traballo duro, de horas extras gratuítas e festivos en prol da suposta necesidade da empresa. Trinta anos sen vida propia nos que a súa muller esgotou a paciencia e renunciou a estar sempre soa. Non a volveu ver, nada mais que en soños e, sobre todo, en pesadelos. Agora so lle queda a dor, os petos cheos de facturas sen pagar e unha morada itinerante polos caixeiros e rúas da cidade. O mundo lle deu as costas e sente un pruído constante no seu interior que xa non pode nin sabe rascar. Pero agora ten unha misión, un último traballo antes de se deixar ir definitivamente. Agora sabe que aínda ten que facer algo mais por Don Marcial.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados