Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 30 de mayo de 2017
MOS

Cebreiro “As Festas da Rosa deste ano teñen un importante contido social, ademais de continuar na liña da celebración en familia”

Guardar en Mis Noticias.

ENTREVISTA Á CONCELLEIRA DE CULTURA, SARA CEBREIRO, POLAS FESTAS DA ROSA.

Concelleira, terá este ano a música tradicional unha importancia especial no programa das Festas da Rosa?


Pois efectivamente. Nesta ocasión contamos con dous importantes eventos musicais incluídos nas Festas da Rosa. Un é o I Festival Abrente Folk e outro o Concerto de Bandas.


Os mosenses somos un pobo moi tradicional e cun gran amor polos nosos costumes. De ahí que este ano non dubidáramos dende o Concello en apoiar ao I Festival Abrente Folk que albergará o auditorio do Centro Dotacional de Torroso o 4 de xuño a partir das seis da tarde. A entrada será de balde e os asistentes poderán gozar das actuacións de Os Terribles de Donas, o Coro Galego Abrente, a Banda de Gaitas Raigames, o Grupo de Gaitas O son do Abrente, o Grupo de Baile Tangaraño, o Grupo de Zanfonas Os Chavellos e o Grupo Novos Galiños de Belesar.

 

[Img #32851]E por outro lado o Concerto de Bandas xuntará en Mos a dúas bandas de enorme calidade: unha oriunda da nosa localidade, a Banda de Música Xuvenil de Torroso, e a foránea Banda de Música Xuvenil de Xinzo. Será tamén no auditorio de Torroso o 11 de xuño ás 17.30 horas.

 

 

Que outro aspecto, ademais do musical, reforzará a programación festiva deste ano?

 

No aspecto musical quero destacar que esta edición da Festa da Rosa conta cun gran cartel de actos musicais que inclúe grupos que se atopan entre o mellor do momento.


E ademais, como dende hai uns anos, continuamos na liña de ofertar un programa de actos para toda a familia. Hoxe en día polo estilo de vida que temos, os pais e a as nais pasamos menos tempo do que nos gustaría cos nosos fillos, é por iso que fan falta actividades para disfrutar en familia. De xeito que, nesta ocasión, organizamos o II Festival Canto conto que celebramos por primeira vez o ano pasado e que foi todo un éxito. Esta segunda edición, tamén con entrada gratuíta, contará coas actuacións nos exteriores do Pazo de Mos dende as 12.00 horas ata as 20.00 horas do domingo 18 de xuño de Mamá Cabra, BrincaVai, María Fumaça e Uxía Lambona e a banda Molona. O fin de festa celebrarase cunha Festa da Espuma.


E tamén temos outras iniciativas familiares, incluso deportivas. Tal e o caso da I Carreira Nocturna Festa da Rosa na que a proba adáptase a tódalas idades en categorías dende os tres anos e sen límite de idade. Realizarase o sábado 24 de xuño a partir das 20.00 horas e con saída do Pavillón Óscar Pereiro.

 


Quen será o pregoeiro nesta ocasión?


O 13 de xuño, Día da Rosa, teremos como pregoeiro das festas ao grupo María Fumaça que tamén actuará posteriormente no Festival Canto Conto. Neste caso celebraremos o Día da Rosa no Pazo de Mos ao atoparse en obras o contorno do Concello.


Este ano as Festas da Rosa teñen un importante compoñente social. Por unha banda temos aos pregoeiros, María Fumaça, grupo mosense con integrantes da familia Senlle e encabezado polo entrañable Rui; que é todo un exemplo de integración social e afán de superación. E por outra banda temos a tradicional Xuntanza de Palilleiras que este ano é solidaria, en beneficio da Asociación contra o Cancro, AECC. Trátase da décima edición desta emblemática macro palillada que nesta ocasión celebrarase o 17 de xuño en Costoias – Tameiga a partir das 10:00 horas e coa actuación do humorista Pedro Brandariz ás 17.00 horas.

 


E continuarase coa exaltación da empanada de Pan de Millo?


Por suposto. Dende fai tres anos enmarcamos esta tradición gastronómica no propio día 13 de xuño, Día da Rosa, e o cambio foi moi ben acollido por toda a veciñanza e os visitantes que disfrutaron da festa. É  ademais un pracer  traballar da man das Mulleres Rurais, que son as verdadeiras coñecedoras deste prato e poñen todo o seu agarimo e as súas ganas para que non falte de nada. O concurso de empanadas é case tan emblemático como o de rosas e esperamos que este ano continúe a ter a boa acollida e participación das anteriores edicións. E aproveito para lembrar de novo tamén que este ano os concursos de rosas e empanadas, e tódolos actos do Día da Rosa, trasládanse aos exteriores do Pazo de Mos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados