Jueves, 5 de julio de 2012
PROVINCIA

Economía e Industria renovará os sistemas de climatización do Instituto Feiral de Vigo

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

A Consellería que dirixe Javier Guerra ampliará as instalacións de climatización nos pavillóns A e B do recinto feiral o que suporá un investimento duns 380.000 euros

[Img #4279]A Consellería de Economía e Industria renovará os sistemas de climatización do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) para ofrecer as mellores condicións e servizos ás grandes feiras e encontros internacionais dos sectores estratéxicos da cidade e de Galicia que se celebran nestas instalacións, como poden ser Navalia e Conxemar, entre outras.


Mediante un concurso público, a Consellería que dirixe Javier Guerra fomentará a ampliación das instalacións de climatización nos pavillóns A e B do recinto feiral, que suporá un investimento duns 380.000 euros.


O obxectivo é ofrecer unhas instalacións competitivas axeitadas para atraer novos eventos e acoller grandes feiras con necesidades específicas de refrixeración. Coa renovación da climatización das salas do Ifevi, a Consellería tamén quere facer posible que melloren as condicións de aforro e eficiencia enerxética dun dos recintos máis importantes de Galicia e tamén a nivel nacional.


Neste sentido, cómpre lembrar que o Instituto Feiral de Vigo é un punto de encontro de referencia para todos os profesionais dos principais sectores da economía do noroeste peninsular, que desenvolve un importante labor sempre aberto a asumir os retos de crecemento e solvencia que presenta a actual conxuntura económica. O recinto celebra preto de cen eventos e ten unha afluencia de público que se achega ao millón de visitantes ao ano.


Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados