Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 2 de junio de 2017
GALICIA

O paro en Galicia baixa das 200.000 persoas e sitúase a niveis de 2009 ao reducirse nun 9,45% no último ano

Guardar en Mis Noticias.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado salientando que tanto a evolución anual como a mensual son positivas, o que indica que “Galicia está creando emprego” ao rexistrase tamén nas afiliacións o maior aumento producido nun mes de maio desde o inicio da crise.

Galicia rematou o mes de maio con 199.638 persoas en situación de desemprego, rexistrando por primeira vez nun mes de maio, desde o inicio da crise económica, unha cifra por debaixo dos 200.000. O paro reduciuse, ademais, tanto na evolución anual como na mensual o que indica, segundo a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, que “Galicia está creando emprego de calidade” ao crecer, ademais, as afiliacións á Seguridade Social e aumentar a contratación en xeral, tamén a indefinida e a tempo completo. Así mesmo, salientou que o desemprego se sitúa na Comunidade a niveis inferiores aos de hai 8 anos (maio de 2009).

 

Na evolución anual, o descenso sitúase no 9,45%, 20.826 persoas menos en paro que hai un ano, superando en 2,48 puntos a caída reflectida o ano anterior. Ademais, é, tal e como explicou a secretaria xeral, é a segunda maior baixada desde o inicio da crise económica nun mes de maio e por cuarto ano consecutivo redúcese o paro neste mes. Así mesmo, indicou que en Galicia existen na actualidade 84.248 parados menos que hai catro anos.

 

En canto ás afiliacións, continúan aumentando na evolución anual, nun 2,33%, 22.125 afiliacións máis, sendo o maior incremento rexistrado nun maio desde o inicio da crise. Ademais, Toca apuntou que xa son máis de tres anos nos que a Comunidade galega rexistra unha interanual positiva.

 

 

 

 

Destaca que o descenso con respecto a hai un ano supera en 2,48 puntos a caída reflectida en maio de 2016 e é a segunda maior baixada desde o inicio da crise económica neste mes

 

 

 

 

Con respecto á contratación, afirmou que sube en xeral nun 14,40%, asinándose 11.028 contratos máis que en maio do pasado ano. A indefinida, engadiu, aumenta nun 14,92%, superando en medio punto o reflectido na temporal, e a tempo completo crece nun 17,12%, case cinco puntos máis que a tempo parcial.

 

Toca asegurou que estes datos confirman a evolución positiva que vén mantendo Galicia na creación de emprego, ao explicar que o paro leva baixando de maneira consecutiva desde principios de ano. Esta tendencia, para a secretaria xeral de Emprego, unido ao crecemento nas afiliacións, supón “unha boa progresión” para cumprir o obxectivo principal da Axenda 20: a creación de entre 80.000 e 100.000 novos postos de traballo ata 2020.

 

Así mesmo, puxo en valor que o desemprego volveu a decrecer nas principais variables: nas catro provincias galegas, as sete grandes cidades, en todos os sectores e nos colectivos prioritarios para a Xunta.

 

Con respecto ás provincias, detallou que Ourense lidera a baixada con respecto a maio de 2016 (-9,69%), seguida de Pontevedra (-9,48%), Lugo (-9,46%) e A Coruña (-9,34%), e sobre os sectores de actividade, apuntou que o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -20,26%, seguido da industria cun -12,61% e da agricultura e pesca cun -10,64%. En canto aos colectivos prioritarios, explicou que a caída foi liderada polos menores de 30 anos (-12,56%), seguida dos parados de longa duración (-10,61%) e as mulleres (-7,22%). Máis da metade dos desempregados que saíron do paro nos últimos 12 meses foron parados de longa duración. Na evolución mensual, o paro tamén baixa, nun 2,44% diminuíndo tamén nas principais variables.

 

Para rematar, a secretaria xeral apuntou que queda “camiño por percorrer” e, por iso, afirmou que o Goberno galego segue traballando cunha prioridade: a creación de emprego estable e de calidade. Resaltou que a Xunta, para iso, está poñendo en marcha programas que ofrecen ás persoas sen emprego e empresas máis formación de calidade, adaptada ás necesidades que demanda o tecido produtivo, e incentivos á contratación para os colectivos con máis dificultades para atopar un emprego como son os menores de 30, as mulleres e os parados de longa duración.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados