Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 8 de junio de 2017
PROVINCIA

Turismo Rías Baixas confirma unha ocupación hoteleira do 60% en maio

A Presidenta da Deputación de Pontevedra amosa a súa satisfacción por case duplicar os resultados obtidos o ano pasado nos establecementos hoteleiros e triplicar a ocupación en establecementos rurais.

[Img #33038]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer  os resultados de ocupación hoteleira rexistrada o pasado mes de maio. Silva manifestou a súa satisfacción por tratarse de “datos moi positivos xa que estamos a falar dunha media provincial do 60% en establecementos hoteleiros e do 35% en turismo rural, case duplicando e triplicando, respectivamente, os datos acadados en maio do ano pasado”.

 

No caso dos establecementos hoteleiros, a  Presidenta provincial manifestou que as Rías Baixas acadaron unha media provincial de ocupación do 60% no pasado maio, 25 puntos por riba que o mesmo mes de 2016, cando a porcentaxe se situou no 35%.  

 

A comarca do Salnés, segundo Turismo Rías Baixas, tivo unha ocupación media durante o pasado mes de maio do 55%. Pola súa banda, Pontevedra rexistrou un 75% e O Morrazo superou o 36%.

 

A ocupación hoteleira en Caldas foi do 88% e en Vigo do 65%. A comarca do Baixo Miño superou o 25%, as do Condado e A Paradanta acadaron o 65% e as comarcas do Deza e do Tabeirós e Terra de Montes tiveron unha ocupación do 70%.

 

En canto ao turismo rural, Carmela Silva informou que a ocupación media provincial foi superior ao 35%. Neste caso, a Presidenta da Deputación engadiu que o resultado “é moi superior ao do ano pasado xa que falamos de triplicar a porcentaxe da ocupación en establecementos rurais que, en maio do 2016, era do 10%”.

 

As casas de turismo rural da comarca do Salnés, segundo os datos recollidos por Turismo Rías Baixas, tiveron unha ocupación do 25%. Pola súa banda, Pontevedra superou o 30% e o Morrazo o 40%.

 

A ocupación en establecementos rurais en Caldas foi do 60% e en Vigo do 25%. A comarca do Baixo Miño superou o 45%, as do Condado e A Paradanta acadaron o 30% e as comarcas do Deza e do Tabeirós e Terra de Montes tiveron unha ocupación do 20%.

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén fixo mención ao perfil das persoas que visitaron Rías Baixas en maio deste ano. Neste caso, Silva subliñou que se trataron de turistas nacionais (81%), principalmente de Álava, Madrid e Barcelona, con entre 35 e 60 anos de idade, aloxados en hoteis (55%) entre 1 e 15 días.  

 

O principal motivo que levou a estas persoas ata Rías Baixas foi o ocio seguido do Camiño de Santiago e o 67% das e dos turistas que viñeron en maio ata a provincia de Pontevedra non coñecían o destino. Ao respecto, Carmela Silva subliñou que “tal e como manifesta esta porcentaxe, estamos sendo capaces de atraer a novos turistas á nosa provincia algo que, estou segura, ten moito que ver coa promoción de destino que fixemos en Madrid e coa que estamos a facer a través das revistas nacionais e internacionais nas que estamos a presentar unha nova imaxe das Rías Baixas, unha imaxe moderna, vangardista, innovadora, na que a excelencia é un dos aspectos máis fundamentais”.

 

Atlántico Express
A Presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou a ocasión para dar a coñecer que onte pola tarde xa se esgotaron as 185 prazas para a viaxe en tren “Atlántico Express” entre Vigo e Oporto. Esta viaxe, que ten por obxectivo promover os Festivais Rías Baixas, encherá de música, gastronomía e influencers o tren celta que une Vigo coa urbe portuguesa.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados