Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 6 de junio de 2017
SALCEDA DE CASELAS

O PP asegura que "os salcedenses aforrarán 20.000 euros" gracias a súa enmenda do prestamo aprobado en Pleno

Guardar en Mis Noticias.

A enmenda presentada polo Partido Popular para a eliminación dos dous anos de carencia propostos polo alcalde, foi aprobada pola maioría do pleno cos votos en contra do Goberno Municipal.

[Img #33045]

O venres 2 de Xuño celebrouse un pleno extraordinario para a aprobación da solicitude dun novo préstamo por valor de 789,000 euros; un préstamo que se empregará para pagar ós expropiados do Parque Raiña Aragonta.

 

O concelleiro do Partido Popular, Primitivo González Souto, responsabiliza ó alcalde de mentir ó afirmar no pasado pleno de febreiro de 2017 que a situación do Concello non permitía a solicitude dun novo crédito, cando o informe de intervención constata que desde o 2012 o Concello estaba en disposición de solicitalo.

 

Continúa Primitivo González “compre recordar que se no ano 2012 se houbese procedido ó pago agora non teriamos que amortizar 385,000 euros acumulados en xuros". Sinala asimesmo que “existe un agravio comparativo dado que nalgúns casos o Concello axiliza o pago pero para outros, tarda máis de cinco anos”.

 

Desde o Partido Popular transmiten que están a favor da solicitude deste préstamo posto que xa vai sendo hora que os expropiados cobren e deixen de sufrir a irresponsabilidade do alcalde. Tamén respaldan o tempo establecido para o pago mais non comparten os 2 anos de carencia que pedía Besada.

 

Así pois, este Grupo presentou o pasado 26 de maio unha enmenda para eliminar a carencia de amortización do principal que se plantexaba na proposta da Alcaldía, é decir, manter o prazo da operación a 20 anos sen ningún tipo de carencia, comezando a amortizar o principal dende o momento da formalización do mesmo; unha enmenda que foi aprobada pola maioría da corporación co voto en contra do Goberno Municipal.

 

Afirma Primitivo “con esta decisión o Concello aforrará en torno ós 20.000 euros por comenzar a amortizar o préstamo dende o inicio”.

 

“Realmente o que pretendía o Alcalde era dispor do importe de amortización do préstamo deses dous anos de carencia (80.000 euros) para destinalos a fins vinculados a un afán electoralista no período previo ás eleccións municipais, sen importarlle o sobrecuste da operación de crédito para as arcas do Concello -aproximadamente 20.000 euros-” remata Primitivo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados