Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 6 de junio de 2017
PROVINCIA

Rotundo éxito das Visitas Teatralizadas ao Castelo de Soutomaior coas entradas esgotadas ata xullo

Guardar en Mis Noticias.

Carmela Silva asegurou que ante a boa acollida desta iniciativa, a Deputación de Pontevedra estuda aumentar o número de visitas para a vindeira edición.

[Img #33052]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou a súa ledicia ante o “rotundo éxito” que están a ter as  Visitas Teatralizadas ao Castelo de Soutomaior organizadas pola institución provincial, que describiu como “unha grande idea que está a ter unha extraordinaria resposta” e que xa esgotou as entradas postas á venda para o mes de xuño e practicamente para o mes de xullo, segundo sinalou a presidenta.  

 

Así, a día de hoxe, xa que só quedan algunhas entradas soltas á venda para o mes de xullo, 1 para o día 27, e 17 prazas para a última función do mes, o luns 31. Carmela Silva adiantou que, ante a estupenda acollida que está a ter por segundo ano consecutivo este programa a Deputación de Pontevedra está xa a estudar que “o ano próximo aumenten, non tan tanto as datas,  que hai que conxugalas con outro tipo de actividades que se desenvolven no Castelo, senón o número de funcións por día” para poder dar resposta á gran demanda de prazas que está a haber.

 

Nesa mesma liña,  Carmela Silva sinalou que “tendo en conta que aínda quedan dous meses para agosto, este mes está tendo tamén unha excelente acollida”. A día de hoxe, das 30 prazas por visita que se ofertan, unha boa parte delas xa están vendidas. Así, da sesión do 3 de agosto soamente quedan dispoñibles 3 entradas, da do 10 de agosto 7, da do 17 de agosto 18.

 

Con estas visitas a Deputación de Pontevedra quere ofertar unha forma diferente de descubrir e coñecer o Castelo de Soutomaior dirixida a todas as persoas que integran a familia, dende as máis pequenas ás maiores dun xeito divertido e interactivo para que as nenas e nenos poidan coñecer a súa historia dende un punto de vista moi próximo e participativo, de forma que cada visita sexa unha auténtica aventura.

 

As próxima funcións serán o 5, 8 e 12 de xuño ás 17:00 horas, e os días 19, 22, 26, e 29 deste mesmo mes ás 18:00 horas. En agosto terán lugar os días 3, 7, 10, 14, 17, 21, 24, 28 e 31, ás 18:00 horas. Por último, en setembro serán os días 4 e 7, ás 18:00 horas e os días 11, 14, 18, 21, 25 e 28, ás 17 horas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados