Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 8 de junio de 2017
MOS

Mos ampliará o paseo fluvial do Louro

Guardar en Mis Noticias.

O actual sendeiro ecolóxico incrementará a súa lonxitude nun quilómetro máis grazas a esta nova actuación.

[Img #33092]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto anunciaron  onte unha nova actuación de ampliación do Sendeiro Ecolóxico do Río Louro que se situará na contorna da marxe dereita do río, entre o Camiño de Lagoal e próximo ao Camiño da Noveleda.


O novo tramo da senda fluvial terá a dobre finalidade de mellorar e ampliar a ruta fluvial do Río Louro con criterios ambientais e de accesibilidade, e de poñer en valor o patrimonio natural (o propio río) e cultural (muíños) existente.


Tendo en conta estes obxectivos, a nova actuación, cunha lonxitude aproximada de 1 Km, permite prolongar a senda fluvial existente augas abaixo, entre o Camiño de Noveleda e o Camiño da Gata, cuxa lonxitude é duns 3 Km.


Os representantes municipais, Arévalo e Augusto, explicaron que “os criterios de deseño procuraron proxectar un novo tramo de senda a executar pola marxe dereita do Louro, fóra do Dominio Público Hidráulico e adosado a el pola zona de servidumbre, e deseñado na medida do posible cun material ecolóxico, resistente, e integrado na contorna. O trazado da senda adáptase, na medida do posible, á orografía do terreo, minimizando o movemento de terras necesario para o caixeado, e mantendo inalterable o comportamento do río nos procesos de avenidas”.


Tendo en conta a dispoñibilidade de espazos e a mellor adaptación ao terreo o novo tramo da senda, esta acometerase con dous tratamentos diferentes, sempre e cando se conte co visto bo da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, administración supramunicipal na que o Concello de Mos está a xestionar permisos e financiación para poder acometer a actuación.


Os dous tratamentos que se empregarán no novo tramo da senda, sempre e cando os aprobe a Confederación, serán para as zonas con pendentes suaves chan estabilizado con ligante a base de calcín de vidro e reactivos básicos, tipo ‘Aripaq terrizo’, ou similar; e para as zonas con pendentes fortes e pouco espazo, recuperación de itinerarios peonís existentes con técnicas ambientais sustentables.


No deseño das actuacións tivéronse en conta as directrices do recentemente aprobado PXOM mosense.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados