O programa Saúde e Benestar que un ano máis pon en marcha a Deputación Provincial de Pontevedra inclúe ao hotel Thalaso Atlánticpo de Oia na súa oferta, o que permitirá que unhas 5.000 persoas poidan elixir o Baixo Miño para pasar uns días de descanso.
Segundo anunciou o presidente da Deputación na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, este programa pretende beneficiar a persoas de máis de 50 anos ou que precisen dun respiro familiar ofrecéndolle a posibilidade de descansar nun establecmeento termal a prezos reducidos e, tamén, contribuír a desestacionalizar o sector e garantindo o mantemento de postos de traballo.
O programa, que será xestionado pola empresa Viaxes Iberia, permitirá “xerar riqueza” ao dar ocupación a unha serie de establecementos termais e spa “distribuídos por toda a provincia”.
Louzán lembrou que o programa consiste en que as persoas interesadas poidan pasar 6 días e 5 noites nun hotel con SPA, Balneario ou outro tipo de instalación similar, en réxime de pensión completa.
Ademais do establecemento de Oia, inclúense neste programa o Oca Katiuska de Silleda; o Hotel Torres do Deza de Lalín, o Hotel Spa Oca Galatea de sanxenxo, o Norat Marina Spa de O Grove, o Isla de la Toja; e o Hotel Bienestar Moaña Talaso Spa.