Sábado, 7 de julio de 2012
mos

Arévalo trata de impedir que se elimine a oficina liquidadora de Redondela

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

A alcaldesa de Mos xa solicitou unha reunión na consellería de Facenda

[Img #4281]A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, solicitou unha reunión na consellería de Facenda para tratar de evitar a supresión da Oficina Liquidadora do Rexistro da Propiedade de Redondela, que ademais da localidade mosense, dá servizo ós municipios de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.


A dita reunión a rexedora local de Mos acudirá acompañada dos alcaldes de Redondela, Javier Bas, Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, e Soutomaior, Agustín Reguera; ademais da rexistradora da propiedade de Redondela, Cristina Rollán.


Ademais está prevista próximamente unha reunión con tódolos voceiros dos grupos políticos da Corporación Municipal mosense para presentar unha moción conxunta a este respecto no vindeiro Pleno ordinario do mes de xullo.


Arévalo explicou recentemente os perxuízos que a eliminación da oficina liquidadora de Redondela lle pode causar ós habitantes de Mos, xa que son moitísimos os veciños do contorno de Redondela, entre eles mosenses, os que fan as súas xestións en dita oficina de Redondela, na que se presta axuda e asesoramento personalizados a todos e cada un dos particulares que nela se persoan, sobre todo á hora de cumprimentar algúns impresos de certa complexidade.


De desaparecer esta oficina os veciños de Mos terían que desprazarse ata Vigo ou Pontevedra para facer os seus trámites, ou ben realizalos a través de Internet, aínda que é sabido que a administración telemática non está demasiado extendida entre a poboación do rural xa que non se atopa familiarizada co seu uso.


Deste xeito perderíase a atención personalizada que agora se presta na oficina de Redondela, entre outros motivos pola masificación que se producirá nas sedes de Vigo en Pontevedra ó ser as únicas que quedarán en vigor ó eliminar o resto de oficinas na provincia de Pontevedra. Así todos os veciños da provincia terían que acudir únicamente a estas dúas cidades nas que se producirían longas colas e tempos de espera.


Con todo, ante os inconvintes da falta de atención personalizada, a dificultade dos trámites, a masificación das oficinas de Vigo e Pontevedra, e a obrigatoriedade de máis longos desprazamentos; moitos veciños e veciñas de Mos terían que contratar a unha xestoría ou asesoría para que lles xestionase o papeleo, o que lles suporá un gasto engadido que moitos mosenses, dada a situación de crise económica actual, é posible que non poidan asumir.


Pese a asumir este gasto extra os mosenses nunca obtenían un servizo mellor que o que se presta actualmente na da Oficina Liquidadora do Rexistro da Propiedade de Redondela, na que se lles presta asesoramento personalizado e gratuíto a poucos kilómetros de distancia.


Outro dos problemas que causaría a supresión desta oficina sería a eliminación de 5 postos de traballo. A nivel Galicia, se se retiran as oficinas liquidadoras do rural galego, perderanse un total de 113 postos de traballo.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados