Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Días de este evento: Viernes, 18 de agosto de 2017
PROVINCIA

Revenidas

Guardar en Mis Noticias.

Porto de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa 18, 19 e 20 de agosto.

 

O festival Revenidas combina música de diferentes estilos, gastronomía, cultura mariñeira, actividades, artesanía e compromiso social. O evento, que se desenvolve en Vilaxoán a terceira fin de semana de agosto e está coroado cunha gran sardiñada popular, congrega máis de 15.000 persoas coas súas variadas propostas, que inclúen 25 actuacións de rock, punk e world music, e moita música galega.

 

A organización convoca, ademais, tres concursos de promoción do talento con bandas emerxentes e programa unha feira de produtos artesanais, así como obradoiros multidisciplinares con teatro e música para os máis pequenos e pequenas. As sardiñas asadas, coñecidas como "revenidas" en Vilaxoán, son o prato forte do acontecemento, que na pasada edición contou coa participación de dúas estrelas Michelín: Inés Abril e Alberto G. Prelcic.

 

O festival, que nesta edición celebra o seu décimo cuarto aniversario, achega o seu gran de area para facer un mundo mellor, coa doazón de alimentos, actividades para colectivos en risco de exclusión social (coma persoas cegas, autistas e con mobilidade reducida) e a xa tradicional Gala de Circo a favor do pobo saharauí.

 

Revenidas ofrece actividades relacionadas coa cultura mariñeira na lonxa, na praza de abastos e no mar, a bordo de barcos pesqueiros. O festival está dirixido a todos os públicos, con actividades para nenas e nenos e familias, así como concertos para un público adulto nun recinto pechado. A sardiñada congrega máis de 5.000 persoas de todas as idades, que poderán gozar dunha contorna natural impagable. 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados