Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 13 de junio de 2017
MOS

Rueda fixo a entrega oficial do escudo e da bandeira do Concello de Mos

Os pregoeiros, o grupo mosense María Fumaça, realizaron un repaso musical polas dez parroquias do municipio conquistando a público infantil e adulto.

[Img #33216]

 

Esta mañá celebráronse os actos centrais das Festas da Rosa na contorna do Pazo dos Marqueses de Mos.

 

A partir das 10:00 horas e ata ás 12:00 horas estivo aberto o prazo de presentación de exemplares para os concursos de rosas e empanadas de pan de millo. Ás 11.00 horas oficiouse a Misa Solemne cantada pola Coral Novas Voces de Celado-Cela, nunha eucaristía que este ano se celebrou na igrexa de Santa Eulalia de Mos, contigua ó Pazo de Mos; onde tiveron lugar os actos centrais da Festa da Rosa, por atoparse en obras o contorno do Concello.

 

A lectura do Pregón chegou ás 12.00 horas e correu a cargo do grupo mosense María Fumaça, quenes fixeron un repaso musical polas dez parroquias do municipio conquistando a público infantil e adulto.

 

Pola súa banda, o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente da Xunta de Galicia en funcións por atoparse Alberto Núñez Feijóo de viaxe institucional en China, fixo a entrega oficial do escudo e da bandeira do Concello de Mos durante os actos centrais da Festa da Rosa, cuxa aprobación fóra publicada no publicado no DOG número 14. 2015/1/22 do 22 de xaneiro de 2015, pero que non fóran entregados de xeito oficial. Ambos símbolos municipais foron recibidos de mans de Alfonso Rueda por parte da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo.

 

[Img #33217]

Tras a deliberación dos correspondentes xurados, fixéronse públicos os premiados nos dous concursos. Os vencedores do concurso de empanada de pan de millo foron:

  • Premio á mellor presentación (200 euros): Lara das Dores
  • Premio ó mellor sabor (200 euros): Ramón Alonso

 

Mentres que os gañadores do concurso de rosas (presentáronse un total de 40 ramos paricipantes) foron:

  • 3º Premio (100 euros): Conchi Campos Lorenzo
  • 2º Premio (150 euros):  Mónica Mayor Mera
  • 1º Premio (200 euros): Mercedes Cabaleiro Villar

 

Os actos matinais pecháronse cun concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso, que rematou tocando o Himno Galego.

 

E mentres o público asistente degustaba a empanada de pan de millo continuou a música a cargo da charanga Imperiais.

 

Na presente edición da Festa da Rosa destacou o rotundo éxito de afluencia, a pesar de ser martes, de que a climatoloxía non acompañase, xa que choveu durante prácticamente toda a mañá, e de que os actos se trasladasen a unha ubicación diferente da habitual.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados