Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 19 de junio de 2017
AS NEVES

O Concello das Neves convoca unha praza de administrativo

A praza vacante dende hai anos na RPT, Relación de Postos de Traballo, será cuberta interinamente, ata que poida ser de nitiva.

O Concello das Neves ven de convocar a oposición libre para a provisión en réxime de interinidade dunha praza de funcionario de administración xeral, escala administrativa.

 

O posto que está encadrado nos orzamentos dentro do grupo C terá as funcións consistentes en tarefas administrativas de trámite e colaboración (iniciar, redactar e tramitar expedientes, rexistrar, arquivar e controlar os expedientes da súa unidade...) ou calquera outra afín á categoría do posto e semellantes que lle sexan encomendados polos superiores xerárquicos e resulten precisas, todas elas funcións inherentes a área de Secretaría­Intervención.

 

Para participar no proceso de oposición será preciso presentar instancia no prazo de 20 días naturais dende a publicación do anuncio no BOP(15/06/2017), Boletín Oficial da Provincia, dispoñendo do título de bacharelato, técnico ou equivalente.

 

As bases e demais trámites da convocatoria poderán consultarse na sede electrónica, en http://concelloasneves.sedelectronica.gal no taboleiro de anuncios do Concello ou no BOP de Pontevedra.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados