Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 19 de junio de 2017
PROVINCIA

O Goberno de Carmela Silva aproba destinar 130.000 € para tres concellos da provincia

O Grove, O Rosal e Vilaboa recibirán máis de 130.000 € ao abeiro da liña 2 do “Plan Concellos 2017”, para gastos correntes e para desenvolver un programa de igualdade.

[Img #33292]

 

O Goberno de Carmela Silva aprobou destinar máis de 130.000 € para levar a cabo actividades e facer fronte a diversos gastos corrente e ao pagamento de acredores en tres concellos da provincia. Así o informou a Presidenta provincial, Carmela Silva,  en rolda de prensa antes da celebración da Xunta de Goberno semanal da Deputación de Pontevedra. En concreto os beneficiarios destas achegas, enmarcadas na liña 2 do “Plan Concellos 2017” e que ascenden a un total de 133.326,76 euros, serán O Grove, O Rosal e Vilaboa.

 

Carmela Silva subliñou que con esta relación, a décimo primeira, “levamos xa aprobadas achegas para os concellos da provincia por valor de máis de 3 millóns de euros cunha porcentaxe de adxudicación próxima ao 100%”.

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou que en concreto O Grove recibirá 2.000 € destinados á posta en marcha dun programa de dinamización en igualdade e prevención da violencia de xénero, unha iniciativa dirixida ás mulleres e que se desenvolverá en varias sesións nas que, a través dun traballo en grupo, se afondará en conceptos como a saúde integral das mulleres ou en como xestionar os malestares e problemas comúns, así como a toma de conciencia sobre as violencias, as súas causas e consecuencias.

 

Polar súa banda, no caso do concello do Rosal, a institución provincial destinará 56.953,30 €, que neste caso están dirixidas a gasto corrente. A axuda aprobada para Vilaboa ascende ata os 74.373,46 €, e servirá tamén para o pagamento de acredores de gasto corrente.

 

Con esta última concesión a Deputación de Pontevedra leva investidos máis de 3 millóns de euros nos concellos da provincia de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos 2017. As axudas aprobadas ata agora, 3.403.072,41 €, supoñen un 94,78% do previsto este ano para esta liña no actual curso.

 

A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, lembrou que “ao igual que coas axudas que aprobamos ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2017, se non fora pola Deputación de Pontevedra aqueles concellos que teñen problemas para facer fronte a débedas ou ao pagamento de gasto corrente e acredores non poderían facelo e, polo tanto, as súas contas estarían moito máis debilitadas”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados