Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 19 de junio de 2017
TUI

A Deputación esixe á Xunta que tome "dunha vez" o control do Consorcio de Augas do Louro

Guardar en Mis Noticias.

O deputado de Cooperación, David Regades, deixa claro que "non pode haber debate porque falamos dunha competencia exclusiva de Augas de Galicia e, polo tanto, da Xunta"

O Goberno da Deputación de Pontevedra trasladou hoxe o seu total apoio ós concellos do Val do Louro, que desde hai semanas instan á Augas de Galicia  a que asuma as súas competencias e se faga cargo do liderado do Consorcio de Augas. Ó igual que xa fixeron a alcaldesa e os alcaldes de O Porriño, Tui e Salceda de Caselas, o goberno provincial non entende que desde Augas de Galicia se pretenda que un dos catro concellos que forman parte do Consorcio, O Porriño, Mos, Salceda e Tui,  sexa quen se faga cargo do seu control económico e das súas actuacións.

 

O deputado de Cooperación, David Regades, sinalou que "calquera que teña boa vontade política entende que un municipio non pode correr o risco de desestabilizar a súa situación económica, que sempre é complexa tendo que asumir  aínda as contas do Consorcio".

 

Regades insistiu en que, ademáis, "trátase dunha situación que nin pode, nin debe provocar dúbida algunha cando as competencias neste caso están moi claras. A responsabilidade é de Augas de Galicia, polo tanto da Xunta, e o Goberno Galego non pode facer deixación das súas responsabilidades, provocando con elo unha situación de risco para calquera concello.

 

O deputado tamén engadiu que "esperamos que a ninguén se lle ocorra tentar desviar as súas responsabilidades cara á Deputación de Pontevedra para, de novo, bailar as augas á Xunta e querer confundir ás veciñas e veciños destes municipios, cando se trata dun tema de estricta competencia autonómica"

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados