Lunes, 9 de julio de 2012
galicia

Xunta e CCDR-N presentan en O Porto a primeira fase do proxecto Ariem 112

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

Trátase dun proxecto pioneiro e sen precedentes que favorece a asistencia recíproca, inmediata e conxunta entre Galicia, Norte de Portugal e Castela-León

[Img #4297]A Xunta presentou hoxe en Oporto os resultados da primeira fase do proxecto Ariem 112, que o goberno galego leva a cabo en conxunto ca comunidade de Castela-León, e o Norte de Portugal, co obxectivo de que todos os cidadáns destas zonas teñan o mesmo nivel de resposta ante situacións de emerxencia.


O conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o presidente da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal, José Manuel Duarte Vieira, presentaron hoxe os resultados da primeira fase do proxecto na sede da CCDR-N, onde o conselleiro destacou a satisfacción do goberno galego co bo desenvolvemento que esta a levar o proxecto.


Rueda resaltou o avance na xestión das emerxencias e na cooperación entre as tres rexións implicadas no proxecto, e que grazas a esta iniciativa posta en marcha en maio do ano pasado, os cidadáns de ambos lados da fronteira teñen garantido unha racionalización dos recursos existentes nas emerxencias, e a minoración dos tempos de resposta, o que redunda no incremento da eficacia na xestión da emerxencia e na calidade do servizo.


Esta iniciativa persegue a creación dun espazo común en materia de emerxencias onde as tres rexións implicadas se axuden unhas ás outras, contribuíndo á cultura da solidariedade e á cooperación interrexional. O Ariem é un programa de actuación integral que favorece a asistencia recíproca, inmediata e conxunta optimizando medios e recursos, o que se traduce nunha minoración dos tempos de resposta e na xestión eficaz da emerxencia, calquera que sexa o lugar onde xurda a incidencia.


Engloba a máis de 100 concellos, que suman máis de medio millón de habitantes, e que agora están atendidos no eido das emerxencia por máis de 1.100 efectivos, contando protección civil, grumires e bombeiros das tres rexións, así coma por helicópteros medicalizados con base en Santiago, Ourense, Astorga, Salamanca, Valladolid, Burgos; e Baltar e Macedo de Cavaleiros, en Portugal.


O proxecto ARIEM 112 (Asistencia Recíproca Interrexional en materia de emerxencias 112) é un proxecto europeo plurirrexional, que está enmarcado no programa de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal (POCTEP), cun investimento de 400.000 euros, cofinanciados polo FEDER ao 75%.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados