Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 30 de junio de 2017
GALICIA

Medio Ambiente ofrece 19.000 prazas para coñecer o patrimonio natural e ambiental das illas do Parque Nacional

Guardar en Mis Noticias.

Un ano máis o Parque Nacional das Illas Atlánticas organiza case 1.400 excursións estivais guiadas para achegarse aos valores dos illotes de Ons e Cíes e que nesta edición se amplía ás illas de Cortegada e Sálvora.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio brinda a preto de 19.000 persoas (18.743) a oportunidade de coñecer o patrimonio natural e ambiental das illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.

 

Trátase da actividade estival Descubrindo o Parque Nacional, que ofrece case 1.400 excursións ás illas Cíes e Ons, e que nesta edición tamén ofrece a posibilidade de coñecer Cortegada e Sálvora. O obxectivo deste programa é animar aos cidadáns de todas as idades a coñecer os valores destes enclaves naturais, completando e enriquecendo así a actividade de praia ou de sendeirismo que fan os visitantes durante o verán.

 

A primeira das visitas guiadas, de balde, que se celebrará é en Sálvora o día 4 de xullo ás 10:30, na que 12 persoas poderán coñecer a ruta histórica-xeolóxica sobre o que as rochas revelan das xentes e da natureza. Nos arquipélagos de Ons e Cíes desenvolveranse todos os días de verán, ata o 15 de setembro; e no caso de Cortegada, os martes ou venres de xullo e agosto -en función da marea-.

 

 

 

 

A actividade inaugural será en Sálvora o día 4 de xullo ás 10:30, na que 12 persoas poderán coñecer a ruta histórica-xeolóxica sobre o que as rochas revelan das xentes e da natureza

 

 

 

 

Unha das novidades que se atende nesta edición -a proposta dos visitantes- é que en Cíes e Ons bríndase a posibilidade de reservar praza na central de reservas para días seleccionados da semana. Estas excursións fanse con grupos reducidos coa fin de poder ofrecer a máxima calidade de visita a este espazo protexido e están recomendadas para un público maior de 12 anos.

 

As actividades guiadas son de balde, pero os participantes deberán asumir o custe do transporte ata a Illa. No caso de Cíes e Ons, poderán acceder a través da liña regular que as distintas navieiras autorizadas ofrecen dende distintos portos, ou ben achegarse en embarcación privada autorizada. Para o caso de Sálvora e Cortegada, onde por razóns de conservación non hai transporte regular diario, o Parque organiza o transporte, aínda que o custe do billete o asumirá o participante.  

 

Na seguinte táboa indícanse as datas nas que se poden realizar estas excursións, o título e as prazas por día.

Illa

Data

Ruta

Prazas/día

Ons

(De cada ruta ofrécense dúas saídas ao día)

Do 4 de xullo a 15 de setembro

(reserva previa os mércores)

Unha illa con dúas caras

Un pobo no mar

A vida entre mareas

15

 

15

10

Cíes

(De cada ruta ofrécense tres saídas ao día)

Do 4 de xullo a 15 de setembro

(reserva previa os xoves)

Unha illa de paisaxes

A vida entre mareas

O segredo de Rodas

Unha viaxe no tempo

15

10

15

15

Sálvora

Do 4 de xullo a 12 de setembro

(Só martes, venres, sábado e domingo)

 

Esculturas e lendas

 

12

Cortegada

Do 4 de xullo a 12 de setembro

(Só martes ou venres, en función da marea)

 

O segredo dun bosque no mar

11

 

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades deberán reservar a súa praza a través da web (www.reservasparquesnacionales.es) da central de reservas que ten habilitado o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, lugar onde están centralizadas todas as actividades que se ofrecen en tódolos Parques Nacionais de España. Tamén se poderá cubrir dita solicitude acudindo á sede do Parque Nacional (rúa Oliva 3, Vigo). No caso de Cíes e Ons nas casetas de información das illas o propio día xa que se ofertan prazas a diario (prazas limitadas).

 

Cada persoa poderá reservar para unha soa ruta por illa. Habilitarase tamén unha lista de agarda, coa que cubrir posibles baixas en Sálvora e Cortegada.

 

As prazas ofertadas a través da central de reservas iranse abrindo progresivamente uns 15 días antes de cada ruta, aproximadamente. A excursión pode quedar anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados