Martes, 10 de julio de 2012
deportes

O Club Kayak Tudense Campión Galego de Piragüismo en Pista nas categorías Sénior, Júnior e Cadete

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción / Xornal21.es

O Club Kayak Tudense acadou a pasada fin de semana o Campionato Galego de Piragüismo en Pista, no encoro de Verducido, nas categorías Sénior, Júnior e Cadete, tras lograr un total de 26 medallas: 9 ouros, 11 pratas e 6 bronces.


Con un total de 2.227 puntos, os padeeiros tudenses superaron ao Club de Piragüismo As Torres de Catoira (1668 puntos) e á Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra (1142 puntos), e demostran que están en perfecto estado de forma para afrontar o Campionato de España de Pista, que se celebrará os días 20, 21 e 22 no encoro de Trasona (Asturias).

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados