Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 28 de julio de 2017
GALICIA

Galicia acada un novo récord histórico de turistas no primeiro semestre do ano con 1,8 millóns

Guardar en Mis Noticias.

O número de viaxeiros aloxados nos hoteis da Comunidade entre xaneiro e xuño medrou un 4,5% e a cifra de pernoitas neste período incrementouse nun 7,6%.

[Img #34037]

 

O primeiro semestre do ano rematou en Galicia coa maior cifra de turistas da súa historia. Ata o mes de xuño, preto de 1,8 millóns de viaxeiros aloxáronse nos hoteis da Comunidade galega, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Estas cifras ratifican a tendencia positiva do sector turístico nos últimos anos, o que fai que este agarde unha boa temporada estival.

 

A subida de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros de Galicia entre xaneiro e xuño foi do 4,5% ata situarse moi preto dos 1,8 millóns, o seu récord histórico. A demanda tamén medrou nese período un 7,6% ata superar as 3,2 millóns de pernoitas, o que supón a cifra máis elevada dos últimos sete años. Este incremento nas cifras absolutas prodúcense como consecuencia da mellora dos tres mercados: internacional, nacional e interno.

 

[Img #34035]

 

Especialmente destacado foi o crecemento do turismo internacional, cunha subida do 6,1% na cifra de viaxeiros e do 9,7% na de pernoitas respecto ao mesmo período de 2016. Tras cinco anos consecutivos á alza, o segmento de viaxeiros estranxeiros acada na Comunidade o seu máximo histórico, con preto de 533.000 viaxeiros e 851.000 noites do hotel. Gracias a isto, o segmento internacional gaña cota de mercado e xa supón un 26,5%, outro récord.

 

 

 

 

O turismo internacional obtén os seus maiores rexistros da historia nos primeiros seis meses do ano, con subas do 6,1% nos viaxeiros e do 9,7% nas noites de hotel

 

 

 

 

Pola súa banda, o turismo nacional tamén afonda na súa liña positiva, cun 4,9% máis de viaxeiros aloxados e un 7,9% máis no volume de pernoitas, que con 1,4 millóns obtén a cifra máis elevada dos últimos sete anos. En canto ao turismo interno, o incremento e do 2,5% no número de viaxeiros, que con 524.000 logra o seu dato máis elevado desde 2008; e do 5,2% no nivel de pernoitas, con máis de 923.000, a cifra máis elevada dos últimos seis anos.

 

O mellor mes de xuño
Tamén o mes de xuño deixou bos rexistros, con melloras na cifra de viaxeiros aloxados e na de pernoitas, que se incrementou nun 8,5% con respecto ao mes de xuño de 2016. Isto fixo que as noites de hotel rozaran as 860.000, un máximo histórico para a Comunidade despois de encadear catro anos consecutivos de crecemento. Tamén produciuse un récord absoluto de turistas aloxados con máis de 460.000, ademais dunha mellora da estadía media do 8%.

 

Novamente este bo comportamento deuse tanto no turismo internacional, como no nacional e no interno. No caso dos viaxeiros estranxeiros, as subas do 1,7% no número de viaxeiros e do 7,8% no de pernoitas propician máximos históricos da demanda no sexto mes do ano. O seu peso no conxunto da demanda no sexto mes do ano elevouse ata o 37%.

 

Pola súa banda, o mercado nacional superou nun 6,3% os niveis de pernoitas do mesmo período de 2016. No caso do turismo interno, esta marca dispárase ata preto dun 14%.

 

Estratexia do turismo de Galicia 2020
Turismo de Galicia celebra as boas cifras coñecidas hoxe, que están a avalar o esforzo do sector, con quen a Xunta traballa man a man no marco da Estratexia do turismo de Galicia 2020. Este documento é a folla de ruta coa que o Goberno autonómico quere acompañar a suba de turistas prevista nos próximos anos, ata os 6 millóns ao final desta década.

 

 

 

 

O mes de xuño deixou tamén un comportamento positivo, que ratifica a tendencia á alza que o sector turístico galego vén experimentando nos últimos anos

 

 

 

 

A dita estratexia conta cun orzamento de 240 millóns de euros repartidos en tres eidos distintos: paisaxe, gobernanza e proxección. O primeiro apartado, relacionado co territorio, concentra a maior parte dos investimentos. Nel atópanse actuacións dirixidas aos recursos naturais, á sustentabilidade, á potenciación dos valores diferenciadores do destino Galicia, á mobilidade turística e aos camiños de Santiago, coa vista posta no próximo Xacobeo 2021.

 

A Xunta aposta nesta estratexia pola calidade como signo distintivo para fortalecer a imaxe de Galicia como un destino do chamado slow turismo, onde gozar ao longo de todo o ano dos numerosos recursos que a diferencian doutras zonas de xeito tranquilo e sen présas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados