Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Sábado, 29 de julio de 2017
MOS

O entorno do Pazo de Mos acollerá en setembro o seu terceiro festival intercéltico

Guardar en Mis Noticias.

O Son do Pazo’ conta en cartel este ano con Susana Seivane, Irish Trebel e Abobriga entre outros

[Img #34060]

 

A presentación do III Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ tivo lugar no Pazo de Mos coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Sara Cebreiro, concelleira de Cultura mosense; Anxo Lorenzo, Secrtario Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e Xosé Leal Deputado Provincia así como Juana María Moreno Blanco, presidenta do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos; demais membros da directiva do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia (entidade organizadora do Festival) e da Fundación Pazo de Mos.

 

O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é un festival de música folk que se vai realizar en Mos, concretamente no entorno do Pazo de Mos, os días 1 e 2 de setembro. Esta vai a ser a terceira edición, para a cal contarase con grandes grupos do mundo folk; pretendendo que este Festival se convirta nun referente da música galega, tanto neste Concello como na zona sur de Galicia e norte de Portugal.

 

Este evento esta organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, (con sede no Pazo de Mos), contando coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos.

 

Respecto do mesmo a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceulles encarecidamente hoxe a todos os que o fan posible os seus traballo e colaboración “tanto á entidade organizadora Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia, como a colaboración da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria”, dixo.

 

Obxectivo do Festival

 

A idea principal é consolidar este evento como un referente da música galega, pasando a formar parte dunha das citas máis importantes do panorama folk. Tamén se persegue o obxectivo de converter este evento nun festival intercéltico onde o público poida gozar  da música de grupos da cultura Celta.

 

Os asistentes a este Festival contarán cun lugar para poder realizar acampada libre e así poder disfrutar dos dous días de concertos. A acampada, totalmente gratuíta, poderá facerse no Pavillón Patricia Martínez, xunto ao Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos.

 

A programación constará dos seguintes concertos e actividades: o venres 1 de setembro a partir das 20:00 horas apertura de exposición e postos, seguida da presentación do Festival ás 22.00 horas e actuación da Banda de Gaitas Airiños do Castelo ás 22.30 horas.

 

Ás 23.15 horas do venres chegará o concerto de Radio Cos, que previa e posteriormente contará coa amenización musical de Xiada. Ás 00.45 horas actuarán Carunchos e ás 02.00 horas rematarán os concertos.

 

O sábado 2 de setembro ás 12.00 horas farase a apertura de exposicións e postos, ás 12.30 horas chegará a sesión vermouth con pulpeiro, ás 13.00 horas comezará o obradoiro de baile irlandés a cargo de Irish Trebel e ás 14.30 horas será a Comida Bailamos. Por segundo ano consecutivo, vaise integrar dentro da programación de “O Son o Pazo” o festival “Bailamos”, no que actuarán, na tarde do sábado, mais de 10 grupos de baile galego do Concello de Mos. A idea principal da organización do festival segue a ser a de consolidar o evento como un referente da música folk, pasando a formar parte dunha das citas mais importantes no panorama. O Festival “Bailamos” contará coa actuación estrela de Algarabía e dará comezo ás 17.30 horas da tarde do sábado.

 

Os concertos do sábado noite chegarán pisando forte cos Chavellos ás 22.30 horas, seguidos da entrega do Premio “Mestre Machiño”, para dar paso a continuación á actuación, ás 23.30 horas, das Irish Trebel.

 

O cambio entre concertos será amenizado musicalmente neste caso pola Banda de Gaitas Airiños do Castelo. O concerto da gran Susana Seivane dará comezo ás 01.00 horas e o de Abobriga empezará ás 02.30 horas. Ás 03.45 horas producirase o peche do festival.

 

Novidade

 

A novidade deste ano é que o recinto do Festival contará no seu interior con varios Food Truck para que ninguén pase fame e todo o mundo poida comprar de comer e de beber sen desprazarse nin saír do recinto.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados