Na mañá de hoxe tivo lugar nas
instalacións da Escola Infantil Municipal, un simulacro de
evacuación do centro como resposta a unha suposta situación de
perigo, que contou coa colaboración dos servizos de emerxencia do
Concello Ponteareán.
Os nenos e nenas deste centro escolar municipal, todos eles menores de tres anos, foron evacuados facendo fronte a un suposto de lume nas dependencias, nun exercicio organizado de xeito conxunto polas concellerías de Servizos Sociais-Atención Primaria e Seguridade Cidadá que dirixen Marisol Valado Pérez e Jesús Antonio Suárez Fernández, respectivamente.
O simulacro foi todo un éxito ao ser desaloxados máis de 70 nenos e nenas nun tempo que non execedeu os catro minutos, considerado polos servizos de emerxencia como de “excelente tempo de resposta”. O excelente resultado do exercicio viu dado tanto pola coordinación entre os servizos de emerxencia e o persoal da Escola Infantil, como polo feito de que dita instalación escolar dispón de dúas saídas de emerxencia.
Por outra parte cabe salientar o excelente tempo de resposta tanto do Servizo de Bombeiros como da Policía Local, que en pouco máis de catro minutos acudían ao “suposto sinistro” para proceder a súa extinción.
Tal e como explicaba a concelleira Marisol Valado, o simulacro realizado no día de hoxe “danos a tranquilidade de saber que, nun situación real de emerxencia, os nenos e nenas verán garantida a súa seguridade”.
Valado lembraba que no pasado mes de maio a totalidade do cadro de persoal da Escola Infantil Municipal, participaba nun curso de formación e reciclaxe encadrado no Plan de Autoprotección dito centro escolar, unha actividade que tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Local (CDL).
Dentro desta iniciativa, explicaba a Concelleira responsable da Escola Infantil, o persoal recibía explicacións detalladas de como afrontar unha situación de risco provocada, nese caso, por lume. Esa parte teórica, segue explicando Valado Pérez, tiña unha segunda parte práctica na que se instruía ao persoal da Escola Infantil, no uso dos extintores para una primeira intervención antes da chegada dos Servizos de Emerxencia Municipais.
O simulacro realizado na mañá de hoxe e o curso desenvolvido no CDL, permiten segundo Marisol Valado “que o persoal do Centro saiba como con rapidez e efectividade, ante unha situación real de emerxencia xa que, desa capacidade de reacción e que hoxe demostrouse que é excelente, depende a seguridade dos nenos e nenas”.