Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 7 de agosto de 2017
NIGRÁN

O Concello de Nigrán celebra o domingo 13 de agosto
o tradicional "Flota Como Poidas"

Guardar en Mis Noticias.

O prazo de inscrición está aberto dende o mércores ata o venres 11 de agosto na Oficina de Información do Concello.

[Img #34127]

 

O Concello de Nigrán asume por segundo ano consecutivo a organización da xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 13 de agosto ás 18,30 horas na ponte de Ramallosa, no Río Miñor. Os interesados teñen ata o día 11 para inscribirse, ben na oficina de información cidadá do Concello de Nigrán en horario de 9:00 a 14:00 horas ou enchendo o formulario que se facilita na web e enviándoo a info@nigran.org. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 17.00 a 18.00 horas. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.

 

O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela. O Concello premiará o artefacto flotante máis traballado e o máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao "Titanic" da edición.

 

O 'Flota como Poidas' coincidirá como cada ano coa feira de oportunidades Ovalmi e haberá tamén unha actuación de Cultura no Camiño (Asacocirco Show ás 17.30 horas na Alameda de San Campio).

 

O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afición pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima ao tempo que se divirten.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados