Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 8 de agosto de 2017
PROVINCIA

Príncipe Felipe acolle unha nova quenda de cincuenta nenos e nenas nos seus campamentos polideportivos

Guardar en Mis Noticias.

As deputadas de Deportes e Xuventude, Chelo Besada e Digna Rivas, deron a benvida aos novos participantes.

[Img #34223]

 

As deputadas provinciais de Deportes, Chelo Besada e de Xuventude, Digna Rivas, deron  a benvida a un grupo de mozos e mozas de toda a provincia de Pontevedra que participan nos campamentos polideportivos de Príncipe Felipe.

 

Estes cincuenta rapaces e rapazas, de entre catorce e oito anos,  comezaron hoxe  unha semana de actividades deportivas nas instalacións de Príncipe Felipe ate o próximo sábado. A deputada de Deportes, Chelo Besada, animou a todos os mozos e mozas  a probar algunhas actividades deportivas alonxadas das tradicionais do fútbol ou baloncesto “e coñezades algún novo deporte que vos poda gustar”.

 

Este grupo é un dos 300 nenos e nenas de toda a provincia de Pontevedra que pasarán unha semana entre xullo e agosto nos campamentos polideportivos en distintas quendas, que este ano tivo unha gran demanda, que segundo Besada “provocou que nos quedaran 75 nenos e nenas en lista de espera por si existía algunha baixa”.

 

Estes cincuenta nenos e nenas desenvolven  actividades relacionadas coa natureza, deporte, aire libre, xogos, xogos de sala, arte, parque multiaventura, deportes en equipo, ou actividades acuáticas. Todas elas co obxectivo de ensinar ás mozas e mozos a desenvolverse nun medio alonxado da súa familia, potenciando a súa maduración, desenvolvendo a sociabilidade e o dinamismo multicultural, inculcando hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico e fomentando tamén o respecto polo medio ambiente e a conservación da natureza.

 

En réxime de pensión completa os menores durmirán nas instalacións do centro Príncipe Felipe e estarán atendidos por dez monitores durante todo o día. Entre as actividades que desenvolverán destaca a saída o EcoParque de Marín, onde aproveitarán para coñecer aspectos de coidado medioambiental ademais de divertirse nas actividades deste centro.

 

A deputada provincial, asegurou aos pais e nais, presentes hoxe neste arranque da quenda dos campamento polideportivo, que a atención está sempre garantida e que “aproveiten tamén estas pequenas vacacións dos seus fillos e fillas” .

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados