Lunes, 16 de julio de 2012
galicia

Máis de 60 bombeiros inician hoxe os cursos a distancia de prevención de riscos laborais

Guardar en Mis Noticias. Enviar por email
Redacción Santiago / Xornal21.es

Da comezo tamén o curso de aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) destinado a persoal de Protección civil e emerxencias

Máis de 60 persoas inician hoxe os cursos a distancia de prevención de riscos laborais para bombeiros convocados pola Agasp en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde (ISSGA).


Trátase dun total de 66 bombeiros municipais e comarcais procedentes de numerosos concellos tales como Cee, Santiago, Vigo, Arzúa, Coruña, Betanzos, Ferrol ou Arteixo, entre outros. Quíxose, mediante a selección de persoal procedente de diferentes vilas, darlle unha ampla cobertura territorial a esta iniciativa.


Os cursos realizaranse a distancia a través da plataforma de formación en liña da Agasp e terán unha duración duns dous meses, e teñen coma obxectivo dar a coñecer aos profesionais os seus dereitos e obrigas en relación a seguridade e saúde no traballo, informar sobre os principais riscos laborais aos que están expostos e coñecer as principais medidas preventivas que poden adoptar os bombeiros para facer fronte aos perigos aos que están expostos no seu traballo e en particular en situacións de emerxencia e primeiros auxilios.


Curso de aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica

Por outra banda, comeza tamén un curso de aplicación dos Sistemas de Información Xeográfica convocado no que participarán un total de 20 alumnos de protección civil, bombeiros de consorcios e corpos de policía local procedentes de Vilagarcía de Arousa, Santa Comba, Bueu, Mugardos, Lugo, O Carballiño, O Grove e Santiago, entre outros concellos.


O desenvolvemento deste curso, que conta cunha duración de 50 horas lectivas, ten a intención de formar a persoal de protección civil e emerxencias no manexo de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) fundamentados en software libre para a xestión de situacións de catástrofe e emerxencia. Isto incluirá coñecer distintos tipos de SIX, coñecementos de fontes de datos espaciais, formación avanzada no manexo de Quatum GIS, SIX libre de ampla difusión a nivel mundial e aplicación en casos prácticos das leccións aprendidas.


Hoxe en día, a planificación, prevención e intervención en emerxencias require do manexo de información xeográfica en formato dixital empregando software de consulta e edición desta información que os profesionais deben coñecer. Moitos concellos dispoñen xa de plans municipais de emerxencia con información xeográfica en formato dixital para cuxo uso é preciso manexar aplicacións como as que se explicarán neste curso

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2013 • Todos los derechos reservados