Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 10 de agosto de 2017
DEPORTES

A Deputación de Pontevedra recibe ás novas promesas do piragüismo da provincia

Guardar en Mis Noticias.

A deputada de Deportes, Chelo Besada, destacou os fantásticos resultados colleitados por estes e estas deportistas nos Campionatos do mundo e nos Xogos Olímpicos Europeos da Xuventude, onde conseguiron 8 medallas.

[Img #34241]

 

A deputada de deportes, Chelo Besada, acompañada pola deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios,  recibiron esta semana no Pazo Provincial aos e ás piragüistas da provincia de Pontevedra que participaron recentemente nos Xogos Olímpicos Europeos e da Xuventude, que se celebraron en Hungría, e no Campionato Mundial Xuvenil e Sub-23, que tivo lugar en Rumanía, colleitando uns fantásticos resultados e un total de 8 medallas.


Chelo Besada transmitiulle as súas felicitacións aos e ás piragüistas pola súa excelente participación nestes dous campionatos internacionais e polos seus logros históricos que poñen, unha vez máis, á provincia de Pontevedra no máis alto do palmarés internacional. A deputada provincial lembrou tamén que esta é unha terra cunha “importante canteira de palistas”, que á vista da traxectoria destes novos e novas deportistas, poderemos seguir presumindo con orgullo de novos títulos mundiais.


Entre os e as deportistas que asistiron á recepción estaban o campión do mundo júnior, Pablo Graña, o dobre medallista de ouro nos Xogos Olímpicos da Xuventude Manuel Fontán, as medallistas de prata Carla Frieiro, Carolina García, Antía Jácome, María Pérez e os e as palistas Marta Iglesias, Raquel Torres e David Barreiro, que tamén obtiveron uns fantásticos resultados nestas competicións internacionais.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados