Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
MOS

Aberta a inscrición no II Torneo de Xadrez Concello de Mos

Guardar en Mis Noticias.

A competición celebrarase o 2 de setembro no Centro Dotacional de Torroso.

[Img #34244]

 

O Club de Xadrez Mos xunto co Concello de Mos organizan o II Torneo de Xadrez Concello de Mos que terá lugar o sábado 2 de setembro no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. A competición, pertencente ao Circuíto Galego de Xadrez e ao XII Circuíto de Promoción do Xadrez 2017, dará comezo ás 11.00 horas da mañá e clausurarase ás 20.00 horas da tarde.


[Img #34243]O Torneo disputarase por categorías que se clasificarán en categorías por idades e categoría absoluta.
Nesta competición poden inscribirse, de xeito totalmente gratuíto, tanto clubes coma xogadores particulares federados de calquera procedencia. O ano pasado, na primeira edición do torneo, participaron preto de 200 persoas integrantes de clubes procedentes de toda Galicia e Portugal. As inscricións poden formalizarse dende xa no enderezo de correo electrónico clubxadrezmos@gmail.com ou telefónicamente chamando ao número 618 873 541.


Os obxectivos desta iniciativa son a promoción do xadrez en Mos e a continuidade do labor de anos nesta disciplina deportiva. E é que o Club Xadrez Mos fundouse en 2014 e cumple 4 anos de duro traballo a prol do xadrez no municipio.


Tanto dende o Club Xadrez Mos como dende a administración local mosense espérase lograr alcanzar o número de inscritos da pasada edición do Torneo de Xadrez Concello de Mos ou incluso superalos, a ser posible; por iso animan a tódolos amantes do xadrez a participar no mesmo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados