Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
PONTEAREAS

Ponteareas aproba licitar a rede calor con Biomasa por 1.350.000€

Guardar en Mis Noticias.

O goberno logra saca adiante todos os puntos da orden do día.

O Concello de Ponteareas aproba o anteproxecto da rede de calor con BIomasa para dar servizo de calefacción e agua quente sanitaria aos edificios públicos substituíndo o consumo actual de gasoil por madeira dos montes das parroquias. Os carros destinados ata agora ao gasoil invertiránse na compra de biomasa dos montes de Ponteareas, empregando así os recursos propios e creando emprego local. Será unha das maiores redes deste tipo promovida por un Concello Esta iniciativa pioneira en Galicia é posible ao lograr unha axuda do INEGA. Este é o motivo principal da urxencia deste pleno dados o prazos curtos para esta obra e que, polas dificultades  técnicas propias deste proxecto, non se puido levar antes a pleno.


O pleno deu luz verde tamén ao anteproxecto da senda fluvial e centro de interpretación do río Tea. A senda do río Tea percorrerá antigos camiños tradicionais públicos preto da marxe do río para completarse cun centro de interpretación no que os camiñantes achegaránse á fauna e flora así como o patrimonio cultural do entorno. Prestando toda a atención ao respeto do medio ambiente esta senda non alterará a paisaxe actual e permitirá un importante aforro orzamentario ao non ter que acometer expropiacións nin afectar propiedades privadas.Estes cartos aforrados irán destinados á mellora dunha zona infantil no parque da Perillana, outro dos puntos aprobados na sesión plenaria de onte cos votos en contra do PP e que foi posible ao modificar o proxecto anterior permitindo agora a mellora da zona de xogos infantís do parque da Perillana.

 

 

 

 

Ponteareas avanza na creación da senda do Tea por camiños tradicionais

 

 

 


Na xornada extraordinaria de onte tamén se aprobou a modificación da ordenanza reguladora da residencia de maiores Santa Ana  e a asignación do complemento de destino a dúas prazas vacantes de administrativo do cadro de funcionarios e eliminar os complementos específicos asignados a ditas prazas.


Cos votos en contra do Partido Popular, o goberno local aprobou o regulamento para a asignación individualizada do complemento de produtividade como teñen Concellos de todo tipo para garantir un reparto xusto destas bonificacións entre funcionarios e traballadores laborais e recoñecer aos traballadores implicados no bo desenvolvemento das funcións do Concello.


Adiante tamén saíu co apoio de Esquerda Unida a aprobación do estudo de mobilidade, financiado pola Deputación de Pontevedra,  que marca as niñas de actuación para o núcleo urbano en coherencia coa estratéxia “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados