Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Eva Quesada - Secretaría de Comunicación EU
Martes, 8 de agosto de 2017
OPINIÓN

Urbanismo absurdo na vila de Ponteareas

Guardar en Mis Noticias.

[Img #34248]

 

ESQUERDA UNIDA de Ponteareas rexistrou unha solicitude para solucionar a situación do paso de peóns da rúa Orotava, logo das denuncias da veciñanza da zona.

 

As queixas producíanse pola inutilidade deste paso de peóns, xa que foi o lugar escollido polo concello para colocar os catro diferentes colectores de lixo -vidro, papel, plástico e orgánico- ocupando todo o paso e impedindo a circulación dos peóns.

 

A solución era tan sinxela como mover os colectores a distancia mínima que permitira que o paso de peóns quedara libre para cumprir a súa función. Pero non, en un alarde de surrealismo  urbanístico, o concello optou por mover o paso de peóns. Movelo ademais ao final da rúa, co que os vehículos terán que parar enriba antes de xirar no cruce, co que tamén perderá toda a súa funcionalidade.

 

EU non da crédito á solución chapuceira tomada para non perder unha praza de aparcadoiro e que equivale a borrar un paso de peóns para pintalo de novo nun lugar totalmente inadecuado. Asemade, o efecto, tanto estético como práctico é do máis puro estilo Escher pola profusión de raias en todas direccións e a imposibilidade do seu uso.

 

Lembremos tamén que estas actuacións entran en contradicción direta co Estudo de Mobilidade aprobado no pasado pleno municipal enfocado a transformar a vila de Ponteareas nun lugar máis amable para as persoas. Esquerda Unida considera unha falta absoluta de coherencia cando se aproba unha cousa en teoría pero non se cumpre na práctica.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados