Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 9 de agosto de 2017
Ponteareas

Ponteareas acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 46 doazóns por cada 1.000 habitantes

Guardar en Mis Noticias.

O Concello de Ponteareas e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.


As épocas do ano de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden cos meses de verán. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas, e por iso, o Concello distribuirá material informativo para tratar de incrementar a participación.  


Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:
PONTEAREAS MÉRCORES 9 e XOVES 10 de AGOSTO 10.00 a 14.30 e 16.00 a 21.00 horas Unidade móbil de doazón de sangue diante do Concello


Ponteareas acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 46 doazóns por cada 1.000 habitantes e o obxectivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes). 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados