Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 10 de agosto de 2017
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta inicia as obras de reposición das beirarrúas na travesía da PO-411 en Soutelo, Salceda

Guardar en Mis Noticias.

As obras consistirán na demolición da beirarrúa existente, a instalación dun novo bordo e a execución de novas beirarrúas de formigón.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciou este martes as obras de reposición das beirarrúas da travesía da estrada autonómica PO-411 en Soutelo, no concello de Salceda, e concretamente entre o p.q. 1+500 e o 1+880.

 

Con tal motivo, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado do alcalde de Salceda de Caselas visitou hoxe a zona para interesarse polo avance dos traballos. Unha obra que, tal e como destacou, “responde ás demandas dos comerciantes que así nolo formularon e ten por obxectivo a mellora do entorno desta zona, onde se emprazan varios establecementos comerciais”.  

 

 

 

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), destina a esta actuación preto de 60.000 euros

 

 

 

 

Esta actuación, cun prazo de execución de dous meses, responde a solicitudes da Asociación de Comerciantes Tabernanova. Así mesmo, posto que se trata dunhas obras de reposición de beirarrúas, non son necesarias expropiacións, e realizaranse en terreos de Dominio Público adscritos á Axencia Galega de Infraestruturas.

 

O obxectivo é a mellora do estado das beirarrúas no devandito tramo de cara a recuperar a funcionalidade das beirarrúas, xa moi antigas e deterioradas polo paso do tempo, así como a mellorar a imaxe dunha travesía que constitúe a zona comercial de Soutelo.

 

As obras consistirán na demolición da beirarrúa existente, a instalación dun novo bordo e a execución de novas beirarrúas de formigón. Trátase dunha solución que permitirá dotar a esta travesía dunhas beirarrúas axeitadas para o tránsito das persoas ata que se leve a cabo a instalación planificada dunha nova rede de saneamento, que obrigará a unha renovación máis completa dos servizos e beirarrúas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados